martes, 29 de xuño de 2021

MELLORES EXPEDIENTES USC


 MELLORES EXPEDIENTES USC 2021


Os alumnos de 2º BAC, Noa Codesido Centoria, Lucía Sánchez Cal, Nekane González Fontán, Manuel Sánchez Romano, Andrea Vázquez Naya, e José Varela García veñen de recibir o recoñecemento de Mellores Expedientes USC por vir de obter unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU. 
 
Este é un premio ao esforzo dos alumnos e un motivo de satisfacción para as súas familias e, por que non decilo, para os docentes que lles impartiron clase tamén nas anteriores etapas ao bacharelato (Noa estudou a ESO no IES de Viós de Abegondo e Manuel no CPI Cruz do Sar de Bergondo).

Noa estudiará Comunicación Audivisual; Lucía, doble grao de Filoloxía Hispánica e Galego; Nekane dubida entre Biomedicina e Farmacia; Manuel, Matemáticas; Andrea, Química; e José, Medicina.

 
Parabéns para todos eles e o noso desexo de que consigan os mellores logros nos seus estudos universitarios que comezarán o próximo curso.

luns, 14 de xuño de 2021

HORA DE LER

 

34ª SEMANA

[4ª SESIÓN]

Chegamos á última semana asumindo riscos: neste caso máis que pola lectura de Anxos Sumai ou Manju Kapur, pola querencia pola levitación da lectora debuxada por Julia Cejas.

luns, 7 de xuño de 2021

HORA DE LER

33ª SEMANA

[3ª SESIÓN]
 
Mary Cassat, Olga Novo e Andrés Caicedo: tentativas de aproximación á maternidade.