Amosando publicacións coa etiqueta JULIO CORTÁZAR. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta JULIO CORTÁZAR. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de xaneiro de 2022

HORA DE LER

 


16ª Semana 

[4ª Sesión]

Na ilustración de Marc Tolices, Julio Cortázar, autor moi ben querido por Fernández Naval, innegable lector de Julio Cortázar, de quen levou ao galego o relato La autopista del sur.

luns, 15 de marzo de 2021

HORA DE LER


 

22ª SEMANA 
 
[4º SESIÓN]
 
No pequeno óleo de David Teniers II (1610-1690), os gatos len a partitura ante a mirada atenta dun moucho, mentras o mono oboísta enche de música a estancia.
A música sona tamén nas suxestións de lectura desta semana: o saxo de Charlie Parker no relato de Julio Cortázar e do seu émulo, no relato de Manuel Rivas.

luns, 20 de xaneiro de 2020

HORA DE LER

HORA DE LER 

15ª SEMANA [3ª SESIÓN]

Despois de levar, neste curso, catorce semanas facendo amables suxestións de lectura, comezamos este luns cunhas gratas imposicións. Como aprender a vivir seguindo os consellos de Julio Cortázar e Manuel Núñez Singala.

Ilustración:  André Kertész

luns, 28 de xaneiro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

16ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Ás veces tamén neva no noso corazón. Folerpas que caen ao compás das palabras de Julio Cortázar e Manuel Núñez Singala.

Ilustración: Paolo Domeniconi

luns, 3 de abril de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER

23ª SEMANA [5ª SESIÓN]

David de las Heras fixo esta fermosa ilustración inspirándose no relato de Julio Cortázar Continuidad de los parques. Os que se animen a ler este maxistral conto, axiña se decatarán de que a implicación emocional do lector, non é a mesma que lendo, por exemplo, Elipsis, de Xosé Luis Méndez Ferrín.

luns, 26 de xaneiro de 2015

HORA DE LER





15ª SEMANA [3ª SESIÓN]

   Despois de levar, neste ano, catorce semanas facendo amables suxestións de lectura, comezamos este luns cunhas gratas imposicións. Aprendede a vivir seguindo os mandados de Julio Cortázar e Manuel Núñez Singala.

martes, 18 de novembro de 2014

PRIMEIRA REUNIÓN DO CLUBE DE LECTURA PRESENCIAL 2º BACHARELATO

Na semana pasada nos recreos dos martes, xoves e venres, celebramos as reunións dos clubes de lectura de 2º de Bacharelato. Aínda que pareza unha clase común pola disposición do espacio, non o é.
Sendo os grupos tan numerosos (unha media de 23 persoas por aula; ademáis dos profesores coordinadores: Julián Ferrer, Óscar García e Francisco Rodríguez), non existe outra disposición espacial que a de mirar para o canón onde foron proxectados os textos ou a curtametraxe de Daniel Sánchez Arévalo.

Tras a presentación do proxecto, idéntica para todos os grupos, optamos por ver no Grupo A que pode agachar a linguaxe poética, coa lectura do poema de Jorge Reichman Alabanza de los trenes verdaderos. O mércores, no Grupo B, ler en gíglico serviu para distinguir entre experiencia estética e experiencia intelectual. Certamente, tras unha lectura en voz alta da peza de Julio Cortázar, foi evidente o éxito na comprensión do texto exhibida polos membros do clube. O venres, o visionado da curtametraxe de Daniel Sánche Arévalo deixou a moitos unha impresión notable, como é de esperar en xente de espíritu reflexivo. O debate podería continuar, pois moitas eras as voces que querían ser escoitadas, ou as que pedían unha explicación dos comportamentos das persoaxes.

Todo iso en trinta minutos ben estirados. Por certo, pensábamos celebrar reunións mensuais, pero, ante a receptividade da xente, estamos calculando pasar, alomenos no primerio e segundo trimestre, a reunións quincenais.

Moitas grazas por compartir o voso tempo e consentir que nos alimentemos do mutuo entusiasmo.         

domingo, 30 de marzo de 2014

HORA DE LER



22ª SEMANA [6ª SESIÓN]
Quen dixo envexa? 

Nós simplemente estamos a visualizar o que van facer os nosos viaxeiros alumnos a partir das 13,25 en París: sentarse a ler. Están tan afeitos...!

Por iso aí van as nosas propostas: o parisino capítulo 4 de Rayuela, de Julio Cortázar e uns poemas de Celso Emilio Ferreiro: exploración e morriña.