Na semana pasada nos recreos dos martes, xoves e venres, celebramos as reunións dos clubes de lectura de 2º de Bacharelato. Aínda que pareza unha clase común pola disposición do espacio, non o é.
Sendo os grupos tan numerosos (unha media de 23 persoas por aula; ademáis dos profesores coordinadores: Julián Ferrer, Óscar García e Francisco Rodríguez), non existe outra disposición espacial que a de mirar para o canón onde foron proxectados os textos ou a curtametraxe de Daniel Sánchez Arévalo.
Tras a presentación do proxecto, idéntica para todos os grupos, optamos por ver no Grupo A que pode agachar a linguaxe poética, coa lectura do poema de Jorge Reichman Alabanza de los trenes verdaderos. O mércores, no Grupo B, ler en gíglico serviu para distinguir entre experiencia estética e experiencia intelectual. Certamente, tras unha lectura en voz alta da peza de Julio Cortázar, foi evidente o éxito na comprensión do texto exhibida polos membros do clube. O venres, o visionado da curtametraxe de Daniel Sánche Arévalo deixou a moitos unha impresión notable, como é de esperar en xente de espíritu reflexivo. O debate podería continuar, pois moitas eras as voces que querían ser escoitadas, ou as que pedían unha explicación dos comportamentos das persoaxes.
Todo iso en trinta minutos ben estirados. Por certo, pensábamos celebrar reunións mensuais, pero, ante a receptividade da xente, estamos calculando pasar, alomenos no primerio e segundo trimestre, a reunións quincenais.
Moitas grazas por compartir o voso tempo e consentir que nos alimentemos do mutuo entusiasmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario