Amosando publicacións coa etiqueta XOSÉ MIRANDA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta XOSÉ MIRANDA. Amosar todas as publicacións

luns, 12 de abril de 2021

HORA DE LER

 

 25ª SEMANA

[1ª SESIÓN]
 
Non ten o edificio do noso IES esa alzada de cinco alturas..., pero si ten tantos ou máis lectores. 
Esta semana, nas mans, relatos de Marta Sanz e Xosé Miranda.

luns, 8 de febreiro de 2021

HORA DE LER

 


O pintor hiperrealista Matthew Grabelsky leva anos pintando óleos nos que metamorfosea os corpos de mulleres e homes co implante da cabeza dun animal. Da serie de cadros inspirada nos lectores do metro de NYC, escollemos a que ilustra o cartel desta semana tan atípica de entroido. O tenro rapaz (ou rapaz-tenreiro?) non está a ler, como podemos facer nós, a Clarice Lispector,  Xosé Miranda e Antonio Reigosa ou Carlos Casares.


***



Entroido, antroido, entroito...    son nomes que proceden do termo latino Introitus: entrada. O termo carnaval procede de expresión Carne vale (adeus á carne).
   No Libro de Buen Amor, un texto do século XIV aparecen mencionados por primeira vez, nunha obra literaria, Don Carnal e Doña Cuaresma. Este episodio é unha alegoría que representa ás Carnestolendas como Don Carnal, un home mundano e amante dos praceres, e do outro lado a Cuaresma como Doña Cuaresma, muller recta e pura.
   Queres saber de onde xorden estas personaxes?
   
   Para entender a ambos personaxes primeiro hai que coñecer de onde veñen o Carnaval e a Cuaresma. O Carnaval ten a súa orixe no mundo clásico grecorromano, nas festas de saturnalia, en honor ao deus Saturno, ou nas bacanais, en honor ao deus Baco. Nelas dáse renda solta ao exceso e ao desenfreo nos praceres carnales, a gula e a lujuria. En cambio a Cuaresma ten a súa orixe na tradición cristiá. Simboliza a proba bíblica de Jesús de Nazaret ao vivir durante 40 días no deserto. A Igrexa Católica ao longo deses 40 días chama aos seus fieis a un periodo de penitencia, reflexión, ayuno e abstinencia.
   Na Idade Media, a rectitud da relixión cristiá podíase relaxar durante o periodo de "Carnestolendas". Recordemos, como indica Xullo Caro Baroja, que ata o século XVI non se comeza a utilizar o término Carnaval en castelán, posiblemente derivado de "Carnavale" de orixe veneciano. As Carnestolendas comezaban inmediatamente antes que a Cuaresma e esta antes de Semana Santa, que comeza co Domingo de Ramos. Esta data é movible e correspóndense co primeiro domingo logo da primeira lúa chea que aparece a partir do 21 de marzo. Corenta días antes, que corresponde a un mércores, terminaban as Carnestolendas co Mércores de Cinza. Os días previos, luns e martes a moral cristiá deixábase de lado para gozar dos praceres da vida ou realizar actos irracionales como trabucar palabras e colocar utensilios fóra do seu sitio. Polo si ou polo non, para non ser recoñecidos, a xente disfrazábase ou enmascaraba.

luns, 25 de abril de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER

 27ª SEMANA [3ª SESIÓN]


Todas lecturas serven para recordar os beneficios e os perigos da imaxinación.
Aínda tendo moi presente a celebración cervantina, quedan enriba de mesa os relatos de Iban Zaldua e Xosé Miranda.
Ilustración: Germán Gómez Arranz  

xoves, 5 de febreiro de 2015

CANDO OS ANIMAIS FALABAN, Xosé Miranda & Antonio Reigosa

XOSÉ MIRANDA & ANTONIO REIGOSA, Cando os animais falaban, Xerais, Vigo, 2002, 120 páxinas.

[NG MIR ani]

Todas estas Cen historias daquel tempo están ilustradas por Andrés Meixide.

***
¿COMO NACEN AS MOSCAS?

   As moscas son as palabras que pronuncia o demo. Cada letra convértese nunha mosca negra, negra, que vai voando e revoando ata os montes onde se xuntan as bruxas nos aquelarres. No Xistral, por exemplo, reúnense as bruxas de Mondoñedo, do Valadouro e mais de Muras e reparten as moscas e as pulgas do seguinte ano:
   —¡Ala, estas para Zoñán, estas para Cesuras, pra cas Artiaga, estas para Os Muíños, estas, para Viloalle, etc.!
   As moscas son obedientes e van. Pero non poden entrar nas casas. Para que entren, ábrelles a porta, ou a ventá, San Fernando, que é compasivo. Menos mal que as torna San Cipriano. Por eso se di:
   Trae as moscas San Fernando e lévaas San Cipriano.
   Claro que hai que ter en conta que San Fernando se celebra en maio e San Cipriano en setembro. E con todo, hai quen di que as moscas son os excrementos do demo, e non as súas palabras. Por eso a Belcebú lle chaman O Señor das Moscas.
   Contra as moscas hai outro remedio. Dicídelles esto, e a ver que pasa:

   Vaite, mosca condenada,
   que te mandaron as meigas,
   nós temos a San Xosé
   para que el nos libre delas.


luns, 2 de febreiro de 2015

HORA DE LER


16ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Comezamos o mes de febreiro fabulísticos e míticos...
Por iso hai quedan a vosa disposición os relatos curtos de Xosé Miranda e Antonio Reigosa e un magnífico relato do magnífico Dino Buzzati.

martes, 4 de novembro de 2014

HORA DE LER

5ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Algúns aínda terán restos da maquillaxe, pero todos volven na aula ás boas rutinas: ler nos quince primeiros minutos da quinta hora o libro elexido, ou ben esta particular crónica futbolística de Xosé Miranda, ou ben esta outra crónica periodística (na que tamén se fala do Real Madrid e o Barça) de Plàcid García-Planas.