Amosando publicacións coa etiqueta ESOPO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ESOPO. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de xaneiro de 2021

luns, 14 de outubro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER
 
3ª SEMANA [3ª SESIÓN]

As suxestións de lectura para esta semán son un relato de Lyudmila Petrushevskaya da súa colección Contos de animais salvaxes e unhas fábulas de Esopo. Por iso, non hai outra ilustración mellor que a de Jimena Estíbaliz Carranza Dorado para suliñar a posible mímese.

luns, 14 de xaneiro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

14ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Na tarde de hoxe luns, día no que o Club de Lectura Biblos Aguiar falará con Arantza Portabales sobre a súa novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, quedan como proposta de lectura unha antoloxía dos seus relatos, textos preferentemente curtos, e unhas fábulas de Esopo.

luns, 30 de xaneiro de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER


14ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Perplexidade! Bendita perplexidade!
Moitos son os momentos nos que a lectura nos leva ao desconcerto e a perplexidade, mesmo tras pretender ententer como poden ser explicadados certos comportamentos dos humanos. Basta ler as veces un relato de Georges Moustaki ou as Fábulas de Esopo.
Porque nesa perplexidade poden prender as raíces do coñecemento!


Ilustración: Masaru Shichinohe

luns, 20 de xaneiro de 2014

HORA DE LER



12ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Ben abrigadiños, desexando que as mimosas que florecen nas acacias do patio anuncien xa días máis longos e cálidos, perseveramos na lectura. Velaí van as suxestións:

venres, 17 de xaneiro de 2014

FÁBULAS DE ESOPO, Esopo

ESOPO, Fábulas de Esopo, Clásicos Xuntanza, Laracha, 1999, 384 páxinas.


 **********
Sirva esta traducción de Xoan Carlos Domínguez para anunciar que próximamente os libros de Latín e Grego terán acomodo nas novas estanterías da Biblioteca. 
 **********

O  ESPANTALLO  E  A  CEGOA


   Un espantallo, que estendera unhas redes para grous, agardaba de lonxe, inquedo, a súa caza. Unha cegoña pousou onda os grous. O espantallo correu e apresouna con aqueles. A cegoña pediulle que a ceibase ategando que non so non era prexudicial para os homes, senón que, pola contra, era mol útil, porque ao cazar cobras e outros reptiles matábaos. O espantallo díxolle: "Pois se de verdade non es má, mereces un castigo por te pousares con quen a é.
   Asi, tamén nos debemos rexeitar a compaña dos maos para non ser tomados como complices da súa maldade.