Amosando publicacións coa etiqueta MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO. Amosar todas as publicacións

luns, 10 de maio de 2021

HORA DE LER


29ª SEMANA 

[5ª SESIÓN]

Virán vagas de vento que animen a voar as follas que estaban perto das nosas mans. 
Na nosa mente sempre as palabras de Manuel Álvarez Torneiro, Federico García Lorca ou Wislawa Symborska: outros cantos á liberdade.

luns, 18 de maio de 2015

HORA DE LER

HORA DE LER

30ª SEMANA [6ª SESIÓN]

   De todas as fotos de Xosé Filgueira Valverde, quedámonos con esta que invita a ler os poemas galegos de Federico García Lorca ou esta escolma da excelente poesía de Manuel Álvarez Torneiro.

xoves, 16 de xaneiro de 2014

AS VOCES CONSAGRADAS, Manuel Álvarez Torneiro

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO, As voces consagradas, Diputación A Coruña, A Coruña, 1992, 96 páxinas.

[ PG ALV voc ]


FÁBULA

Hai unha fraga que fai a vida nobre, un intre
de luz e transparencia: aquel momento que non
se repetirá polos días dos días. Sabédeo: forma
parte da fábula e está a salvo da épica, da neve
e de outros fervores ou castigos. E moi antiga:
como o país dos deuses e só entrevista pola inocencia.
Non direi o seu nome: o mellor ánimo das palabras
teme recreala por se ocorre a derriba do cristal
máis puro... 

Porque quizais o bosque nunca foi outra cousa
que ese fascinado territorio do soño.

luns, 11 de novembro de 2013

HORA DE LER



4ª SEMANA [4ª SESIÓN]

***

Ben certo é que nas nosas aulas non temos un ambiente tan íntimo como o que disfruta a muller do cadro de Matisse. Aínda así, seguemos a ler os libros que levamos a clase ou ben estas propostas: unha escolma da excelente poesía do admirado Manuel Álvarez Torneiro ou ben os prosaísmos da relación amorosa entre un tontorolo machista e unha ben lista Matilde.

luns, 21 de outubro de 2013

MANUEL ÁLVAREZ TORNEIRO EN BIBLOS



BETANZOS

Homenaje de los poetas a Torneiro

Manuel Alvarez Torneiro presentó ayer en la librería Biblos de Betanzos su poemario Os ángulos da brasa (Kalandraka) por el que acaba de recibir el Prerhio Nacional de Poesía. El escritor se vio sorprendido por poetas de toda Galicia que quisieron rendirle así un emotivo homenaje escuchando sus versos.

FOTO CÉSAR DELGADO

***
Así aparecía onte a noticia na sección Área Metropolitana de La Voz de Galicia: o feliz paso por Betanzos de Manuel Álvarez Torneiro. No noso Instituto a ninguén se lle escapa que o feito por Concha Delgado (ata ben pouco, Catedrática de Galego no noso centro) pola divulgación e o estudo da obra de Torneiro. Gracias a Biblios. Unha aperta a Concha.