domingo, 21 de marzo de 2021

HORA DE LER

 


23ª SEMANA 
 
[5º SESIÓN]
 
Desde o ano 1999 a UNESCO fixou o día 21 de marzo para celebrar o Día Mundial da Poesía. 
A primavera pousa nas mans dos nosos lectores os versos de Xela Arias e dúas antoloxías de poesía contemporánea.

 

De certo, a vida ía en serio. 

Por iso morrer non conta números. 

Eras moza, 

cómplice nunha derrota que non 

sumabas. Feliz por terte insomne 

por inmortal. 

Xa temos cadáveres amigos 

e coñecidos, 

sabemos da morte o legado inútil. 

Pero ique ridículo! ¿non?, 

abraza-lo feito feliz de xa medrar 

—camiñar ás aforas—

en tempos asepticamente tan 

Alienados

Xela Arias

21 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA POESÍA

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

luns, 15 de marzo de 2021

HORA DE LER


 

22ª SEMANA 
 
[4º SESIÓN]
 
No pequeno óleo de David Teniers II (1610-1690), os gatos len a partitura ante a mirada atenta dun moucho, mentras o mono oboísta enche de música a estancia.
A música sona tamén nas suxestións de lectura desta semana: o saxo de Charlie Parker no relato de Julio Cortázar e do seu émulo, no relato de Manuel Rivas.

venres, 12 de marzo de 2021

mércores, 10 de marzo de 2021

CONSTITUCIÓN DOS LACEDEMONIOS. CONSTITUCIÓN DOS ATENIENSES, Xenofonte e Pseudo-Xenofonte

XENOFONTE E PSEUDO-XENOFONTE, Constitución dos lacedomonios e Constitución dos atenienses, Rinoceronte, Cangas, 2021, 68 páxinas.


 

***


TRADUCIÓN DO GREGO ANTIGO, INTRODUCIÓN E NOTAS JOSÉ FRANCISCO CALAZA FERNÁNDEZ 

    O século V a.n.e. é unha época de grande intensidade tanto a nivel político como cultural. É neste tempo cando empeza a xurdir a reflexión arredor do sistema político da democracia. As dúas obras que se presentan neste volume están compostas neste contexto histórico que constitúe a orixe no estudo do pensamento político grego. Os acontecementos históricos nos que se verán envoltas as distintas cidades–estado serán decisivos na historia de Grecia e terán grandes repercusións na posterior cultura occidental. Xenofonte considera que a Guerra do Peloponeso e os distintos acontecementos da segunda metade do século v serán a orixe de todos os males dese tempo. Na Constitución dos Lacedemonios, Xenofonte representa os ideais oligárquicos de Esparta á vista das consecuencias da Guerra do Peloponeso. O modelo que el propón baséase nas reformas instituídas por Licurgo. Na Constitución dos Atenienses, o autor analiza desde un punto de vista moi crítico o réxime da democracia partindo das bases do poder do estado ateniense que se configura durante a Pentecontencia, período que abrangue desde a derrota dos persas na Segunda Guerra Médica no 480 a.n.e. até o inicio da Guerra do Peloponeso, no 433 a.n.e. Presenta este modelo de goberno como un réxime eficaz pero corrupto ao mesmo tempo. O obxectivo do autor é chegar ao concepto de eunomía ou goberno dos mellores.

DECAMERÓN, Giovanni Bocaccio



GIOVANNI BOCACCIO, Decamerón, Libros del Zorro Rojo, Barcelona, 2017, 118 páxinas.


martes, 9 de marzo de 2021

TROVEI PRA TI UM SONETO, Óscar García Ramos

ÓSCAR GARCÍA RAMOS, Trovei pra ti um soneto, Urutau, Poio, 2020, 58 páxinas.

 


 

NUNHA AULA EN SILENCIO


A toda/os as profes que non


Roubándolle as eclipses aos paxaros

nas glotes numeradas acontece

silencio de cronopios que ofrece

heurísticas leccións de desamparo


Levando a autoridade como faro

debullan taxonómicas sandeces

declina ‘orixinal’ quiñentas veces

curiosidade rima con descaro


Fanada escuma das metamorfoses

liturxia dos letargos alitera

performance do silencio en esclerose


que soños e devezos eviscera

No lombo da silenciosa necrose

o verbo non ganduxa xa quimeras


    Sonetos. En aparencia unha sinxela arquitectura a base de hendecasílabos. Hendecasílabos? Agora entendo ben o que significa meterse en camisa de once varas! Agora comprendo que dicir sonetos é o mesmo que dicir física cuántica, estar vivo e morto ao mesmo tempo, simultáneamente subir e baixar a escaleira. Que sibilino Óscar García Ramos! Non é un poeta, non, é máis do que iso: un xadrecista poeta!!! E tardei en compréndelo, ou sexa, tardei máis do debido e non tiven xa escapatoria. Cando quixen remexerme xa me tiña atrapado no seu taboleiro de sonetor en posición de xaque mate. É por isto que o que aquí escribo, caro lector, vén sendo unha advertencia. Atención pois con este autor que se nos achega sen sentilo e nos musita case sen querer, cunha súa expresión de tímido atrevemento, algo tan indecente como “Trovei pra ti un soneto”. Xa non tes nada que facer, xa es o gato metido na caixa. 

   Cos seus cuartetos (ou sirventeses) e tercetos vai tramando pouco a pouco a súa orixinal visión poética, un seu universo que vai expandíndose case imperceptibelmente con ese ritmo repetitivo ABBA etc., coas súas sutilezas ou pequeñas variacións, con constancia, con paciencia. Para que présas! Total xa estamos mortos (maldito e bendito Óscar!). 

   E si, aquí estou eu definitivamente derrotado intentando escribir sobre cousas das que nada sei porque non sabía que non sabía nada délas. Non sabía que nada sabía de sonetos (sonetor) nin sabía que nada sabía de xadrez e, moito peor, non sabía que Óscar quería que eu escribise aquí precisamente por iso, porque el si sabía que eu nada sabía. En fin, puro Schrodinger, e se non, puro Cheshire, e, en último caso, gato galego e punto. 

   Tardei en ver o taboleiro, as pezas, os movementos, o xogador... Cego! Pero aínda así non era escusa, tamén Borges, e que ben viu. Os sonetos de Borges, o seu xadrez de hendecasílabos. E entón —xa vos dixen, era tarde!— comecei a entender: a Maga, os seus movementos de cabalo de xadrez, de torre (Cortázar dixit); Pizarnik, dispoñendo os días como fronte a un taboleiro de xadrez; por que non tamén esa partida mar xista, esa loita de contrarios (brancas e negras)? Por que non, radicalmente, esa partida definitiva entre a presenza e a ausencia, entre a vida e a morte? 

XOSÉ LUÍS MOSQUERA CAMBA

luns, 8 de marzo de 2021

HORA DE LER


21ª SEMANA 
 
[3º SESIÓN]
 

Ler todos os días (tamén nesta semana) a Inma López Silva, ou ben as nosas alumnas Irene Docampo, Julia Nieto Mantiñán, Ana Vázquez, Berta Manteiga, ou Andrea Solís para que non se volvan repetir historias de anulación como a que padeceu Zenobia Camprubí.
Mulleres que escriben sobre mulleres: Rosa Huertas sobre Clara Campoamor, Hélène Merle-Béral sobre a Premio Nobel de Química, Irène Joliot-Curie 

martes, 2 de marzo de 2021

luns, 1 de marzo de 2021

HORA DE LER

 


20ª SEMANA 
 
[2º SESIÓN]
 
Pode ser que nos relatos de Sechu Sende e Etgar Keret non arraiguen as prantas que asoman na imaxe pintada por Elia Mervi.
Pero o certo é que todos os nosos lectores, ante a promesa da luz e a paréntese da choiva, anhelan a chegada da primavera...