Amosando publicacións coa etiqueta ANTÓN RIVEIRO COELLO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ANTÓN RIVEIRO COELLO. Amosar todas as publicacións

luns, 17 de abril de 2023

HORA DE LER

Como imaxinou a nosa alumna Noelia Yáñez Gómez, tamén no mes de abril, as historias agroman nas páxinas de Antón Riveiro Coello, Jordi Nopca, Samanta Schweblin, Violeta Silva Sánchez ou Rosalía Fernández Rial e iluminan a nosa mente como alegres vagalumes.

luns, 1 de outubro de 2018

HORA DE LER

HORA DE LER 

1ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Comezamos este curso 2018/2019 con estas suxestións de lectura: a poesía de Manuel María e as narracións de Luisa Castro  e Antón Riveiro Coello


Ilustración: Maria Hesse

luns, 30 de abril de 2018

HORA DE LER

HORA DE LER 

28ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Ler permite chegar a todas as experiencias: tamén á risa, ao humor. 
Nas suxestións de lectura desta semana: os relatos de Jordi Nopca e Antón Riveiro Coello.


Ilustración: Miguel Ángel Camprubí

luns, 27 de novembro de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER

9ª SEMANA [3ª SESIÓN]

Momentos de meditación.
O sabor acre e doce da mazá alonxa a mirada do outono e leva o maxín ao tempo da felicidade.
Tras esta curta pausa melancólica, volver á lectura: os relatos de Antón Riveiro Coello ou Emilia Pardo Bazán.  

Ilustración: Francine Van Hove

mércores, 26 de abril de 2017

CLUB DE LECTURA BIBLOS AGUIAR: ANTÓN RIVEIRO COELLO E AS FERIDAS DO VENTO




A ferida do vento foi plural: nun primeiro momento eran As feridas do vento
Tivemos onte a sorte de disfrutar da presenza dun home bó, próximo, xeneroso co seu tempo, que ademáis de escribir ben (moi ben) non tivo reparo en deixar coñecer aos seus lectores as tripas da súa escrita: a composición do texto ten moito de autobiográfico, aínda que a elaboración artística desfigurara os referentes reais. 
Falamos dos Bee Gees, de Led Zeppelin, dos perigos de pretender seducir compoñendo fermosas baladas, da caza das rás... 
Do maestro: de Carlos, do Vento ferido (a novela foi escrita antes de que se decidira adicar a Casares o Día das Letras 2017.
Tamén, por suposto, do lugar no que deixa a psiquiatría aos feridos polo vento. 
Todo... coa mesma sensibilidade coa que ARC trata as relacións familiares e as grandes epifanías ás que se asoma o lector de As feridas do vento: a morte e o amor.