mércores, 26 de abril de 2017

CLUB DE LECTURA BIBLOS AGUIAR: ANTÓN RIVEIRO COELLO E AS FERIDAS DO VENTO




A ferida do vento foi plural: nun primeiro momento eran As feridas do vento
Tivemos onte a sorte de disfrutar da presenza dun home bó, próximo, xeneroso co seu tempo, que ademáis de escribir ben (moi ben) non tivo reparo en deixar coñecer aos seus lectores as tripas da súa escrita: a composición do texto ten moito de autobiográfico, aínda que a elaboración artística desfigurara os referentes reais. 
Falamos dos Bee Gees, de Led Zeppelin, dos perigos de pretender seducir compoñendo fermosas baladas, da caza das rás... 
Do maestro: de Carlos, do Vento ferido (a novela foi escrita antes de que se decidira adicar a Casares o Día das Letras 2017.
Tamén, por suposto, do lugar no que deixa a psiquiatría aos feridos polo vento. 
Todo... coa mesma sensibilidade coa que ARC trata as relacións familiares e as grandes epifanías ás que se asoma o lector de As feridas do vento: a morte e o amor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario