xoves, 20 de abril de 2017

SAFARI FOTOPOÉTICO LETRAS GALEGAS 2017




   A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un safari fotopoético con motivo do día das Letras Galegas, que este ano homenaxea a  Carlos Casares.
   Rexirase polas seguintes bases:

 Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  1. Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda a comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas
  2. O Safari Fotopoético dedenvolverase entre o 2 e o 15 de maio do presente ano 2017.
  3. As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
  4. As imaxes deben ilustrar algún texto dos que acompañan a estas bases nesta pequena escolma de títulos de Carlos Casares.
  5. O texto debe aparecer integrado na propia imaxe.
  6. As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (jpeg, tiff...), preferiblemente en soporte pendrive (ou CD) na biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca:
    bibliofranciscoaguiar@gmail.com
  7. O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  8. O xurado estará integrado por un representante do equipo directivo, dous profesores/as (un membro do equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Ed. Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  9. Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:
  • 50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
  • 40% pola adaptación do texto á imaxe elexida, e
  • 10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario