domingo, 29 de xuño de 2014

HORA DE LER


Despois de 32 semanas adicadas a propoñer e a suxerir, ALTO RISCO descansa.

Agora, a cada lector tócalle elixir ler ou non ler.
Neste tempo de lecer podedes revisar algún dos 64 PDF's que foron publicados neste curso que hoxe remata. 

Acompaña a fermosa pintura de Henri Lebasque un fragmento da novela Nadie conoce a Nadie, onde Juan Bonilla fai un convincente eloxio do carácter sanador da literatura, á que calquera pode chegar por moitos camiños. Un deles: a lectura.

 **********

   ¿Para qué diablos sirve la literatura? Me había planteado esa cuestión infinidad de veces, pero nunca había perdido el tiempo intentando una declaración convincente y firme. Lo único que sabía es que cuando murió mi padre recordé unos versos de Thomas Stearn Eliot que si bien no paliaron mi dolor sí al menos me lo llegaban a explicar, cuando alguien a quien amaba se retiró para siempre de mi vida, me socorrieron dos renglones de Juan José Arreola («La mujer que amé se ha convertido en fantasma: ya sólo soy el lugar de sus apariciones»), cuando me cruzo con una de esas princesas por cuyos cuerpos vendería mi alma al demonio, repito una exclamación de Rafael Cansinos Assens («Dios mío, no permitas que haya tanta belleza en este mundo»), cuando la noche pesa sobre mí como el cadáver de una esperanza acribillada, unos versos de Federico García Lorca acuden a mi mente para colorearme el insomnio como el más eficaz de los ansiolíticos («pero la noche es interminable cuando se apoya en los enfermos, y hay barcos que sólo buscan ser mirados para poder hundirse tranquilos»). ¿Es poco? Sin duda. Juegos para aplazar la muerte, juegos que ayudan a no perder el tiempo sino a sustituirlo, suprimirlo, abolirlo. Guiños inocuos que, aunque no me facilitan el camino, lo hacen más llevadero, lo amplían.
   La literatura me sirve en fin para que la vida me concierna menos de lo que yo hubiera sido capaz de soportar.

JUAN BONILLA, Nadie conoce a nadie, Ediciones B, Barcelona, 1996, pp. 26-27.

venres, 27 de xuño de 2014

LA HONDONADA, Jhumpa Lahiri



JHUMPA LAHIRI, La hondonada, Salamandra, Barcelona, 2014, 416 páxinas.

[NUC LAH hon]


   Al este del Tolly Club, más allá de donde Deshapran Sashmal Road se bifurca, hay una pequeña mezquita. Un desvío lleva a un tranquilo enclave. Un laberinto de callejones y mo­destas viviendas de clase media.
   Antes, en ese lugar había dos lagunas alargadas, una al lado de la otra, y detrás, una hondonada que medía varias hectáreas.
   Después del monzón, el nivel de las lagunas ascendía y cubría el terraplén que las separaba. La hondonada también se inundaba con la lluvia; el agua alcanzaba una profundidad de casi un metro, y permanecía una parte del año.
   En la llanura inundada abundaban los jacintos de agua. Las plantas acuáticas crecían con vigor, invadiéndolo todo. Sus hojas hacían que la superficie pareciera sólida. Verde, contrastando con el azul del cielo. En el espacio de alrededor se levantaban aquí y allá algunas sencillas cabañas. Los pobres se metían en el agua en busca de algo comestible. En otoño llegaban las garcetas, con sus blancas plumas oscurecidas por el hollín de la ciudad, y esperaban inmóviles a sus presas.
   En el húmedo clima de Calcuta, la evaporación era len­ta. Pero al final el sol acababa eliminando la mayor parte de la crecida y el suelo empapado volvía a quedar expuesto.



mércores, 25 de xuño de 2014

NUBES DE EVOLUCIÓN, Andrea Maceiras




ANDREA MACEIRAS, Nubes de evolución, Xerais, Vigo, 2013, 192 páxinas.

 [NG MAC nub]

Estes son os personaxes de Nubes de evolución, tal e como os ve Sarela, alumna de 1º de Bacharelato que participou activamente no Clube de Lectura.

Os tres protagonistas do libro son Amanda, unha nai case adolescente, illada do mundo, presa entre dous traballos  e a crianza da súa filla, Ánxela; Uxío, un adolescente perdido entre as batallas dos seus pais, unha traxectoria académica fracasada e unha perniciosa relación amorosa; Luís, un profesor de instituto, cheo de fastío e cansazo, que vive na autocompaixón despois da morte da súa muller, Ánxela.



martes, 24 de xuño de 2014

PUNTO DE FUGA, Jeremías Gamboa


JEREMÍAS GAMBOA, Punto de fuga, Alfaguara, Madrid, 176 páxinas.

[NHC GAM pun]

Edita Alfaguara esta colección de relatos do peruano Jeremías Gamboa, autor que ven avalado polo Nobel Mario Vargas Llosa. El edificio de la calle de Los Pinos é a primeira das oito narracións aquí incluidas. 


luns, 23 de xuño de 2014

A-Z, Xesús Fraga

 

XESÚS FRAGA, A-Z, Xerais, Vigo, 2003, 182 páginas.

 [NG FRA a-z]

    Hoxe, no noso IES, coincidiron felizmente pasado, presente e futuro.
   Xesús Fraga visitou a biblioteca do noso centro.
   A súa admirable pretensión: facer unha doazón particular de libros para que nos nosos andeis rechamen as novidades editoriais.
   Ao seu carón, os seus fillos, moi atentos ao relato do seu pai, exalumno do centro, que lles ía indicando as aulas onde cursara el estudios. Aínda que lles quedan a estes pacientes e educados rapaces un lote de cursos no Vales, esperamos recibilos para transmitir a testemuña do nosa modesta sabedoría: ao fin e ao cabo, niso consiste a roda xeneracional.
   Unha nova visita de Xesús non debería tardar tanto. No curso 2014/2015 a súa novela O elefante branco (Premio Frei Martín Sarmiento 2014), ben seguro que terá moitos lectores. 
   Tamén pronto esperamos dar noticia na sección Chegou ata os nosos oídos... da web do Instituto da publicación de Reo (Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil da Deputación da Coruña no 2013), narración que contén todos os ingredientes para se converter en novela de culto entre os nosos lectores, que mentras poden disfrutar de A-Z.


venres, 20 de xuño de 2014

HELENA O EL MAR DE VERANO, Julián Ayesta

JULIÁN AYESTA, Helena o el mar del verano, Acantilado, Barcelona, 2001, 88 páxinas.


Un verano

Dos adolescentes enamorados

Tres partes para contarlo

Cuatro ideas para mostrarlo:

  • Impulsos adolescentes que rayan el surrealismo

  • Bromas que se confunden con la locura del enamoramiento

  • Ensoñaciones de aire misterioso y encantado propio del primer amor, cuando se siente con toda profundidad y fuerza

  • El temor a la muerte y la amenaza del paso del tiempo junto con la felicidad del instante eterno.

Cinco letras para averiguarlo:

l é e l o

Miguel Vázquez Naveira

xoves, 19 de xuño de 2014

mércores, 18 de xuño de 2014

CUENTOS CRUENTOS, Dino Lanti

DINO LANTI, Cuentos cruentos, Thule, Barcelona, 2008, 144 páxinas.


Cuentos Cruentos es un poemario escrito por Dino Lanti. Los poemas no son muy complicados de entender y son muy graciosos. En este libro, el autor compara temas como la crisis, las drogas, la discriminación, el amor, etc., con temas fantásticos o ficticios, como "los Siete Enanitos en Paro", "Alicia en el País de las Maravillas", " Ser o no Sergey", "De Ángeles y Demonios"... Eso sí, no sólo habla sobre un tema en particular. A veces habla sobre algo que sucedió en la vida real, pero lo cuenta de forma ficticia (Van Dog, un Artista con Garras, Independencia en la Granja...)
Y, por supuesto, todos los poemas de este libro tienen una gran cantidad de humor, que es lo que te hace no poder parar de leer, acabar un poema e, inmediatamente, tener ganas de leer el siguiente (¡un inconveniente de este libro es que da pena acabarlo!).

En fin, espero que tengáis ganas de leer este libro, porque es genial y a mí me encantó. ¡No os arrepentiréis!


Óscar Barreiro [2º ESO]

martes, 17 de xuño de 2014

BIBLIOTECA SEBASTIÁN BUEDO JIMÉNEZ [IES FRANCISCO AGUIAR]


Todos os profesores entramos día tras día no aula coa pretensión de ensinar.
A algúns lles resulta fácil chegar aos alumnos e deixar ben explicados o bienio reformista, o atributo, a reacción catódica, ou o coseno e a tanxente.

Sebastián era un deses afortunados. Pero os seus alumnos, para referirse a el non falan de declinacións e ablativos absolutos. Todos coinciden en sinalar que Sebastián ensinoulles a ser.

Acerta a Comunidade Escolar ao dignificar a Biblioteca co nome de Sebastián Buedo Jiménez.
Unha Biblioteca non é só un depósito de libros máis ou menos irrelevantes. Tamén é un lugar de encontro e un espazo no que se cultiva a superación e o esforzo.
Desde hoxe é tamén un pequeno templo na súa memoria que nos recorda co exemplo vital de Sebastián unha das nosas obrigas: levantarnos cada día co afán de ser mellores para conseguir que o noso mundo sexa mellor.



luns, 16 de xuño de 2014

HORA DE LER


32ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Esta é unha semana moi especial.

Toca facer valoracións e ter presente como medrou a nosa ousadía.
Xa non somos o mesmo lector que comezou o curso: sabemos escoller e arriscarnos para ser cada día moito millores lectores. E mesmo cando todo o mundo só fala de fútbol, podemos propoñer esta antoloxía de microrrelatos que multiplican os nosos puntos de vista; ou esta outra que recolle textos idóneos para ler mentras visitamos a exposición En un lugar das brañas...


venres, 13 de xuño de 2014

LIED DE LLUVIA PARA UNA PIEL AUSENTE, Raquel Vázquez



[PC VAZ lie]

 
[...]
pues sé que lo atraviesa para siempre
lo sé como se sabe la verdad más profunda
que se engarza al oxígeno
y acaricia el final de la piel y los pulmones
es la misma verdad
que viaja en estas notas
tan quebradas a veces disonantes
jugando a camaleones
en la cadencia negra de la lluvia
que cae cae y no
se cansa este metal desafinado

el ruido ya me pinta
de su color la sangre
el color de que tú no estés conmigo
creando este horizonte
que se guarda callado
la ruta que me lleve hasta tu cuerpo
y que arrojó en la niebla
partido y sin retorno
el punto inalcanzable
en donde dejarías de dolerme

no existe ese lugar
como tampoco podría medirse
en herzios el sonido
que me arrastre a olvidarte
apenas queda en mí lo que te sueño
tu piel hecha de música y de mimbre
y tú debajo tan dentro tan siempre
maltrecho en mis palabras
hasta que un día la voz se me rompa

y tú estarás colmando ese silencio

cuando ya sólo sepa
lloverte y recordarte

xoves, 12 de xuño de 2014

luns, 9 de xuño de 2014

HORA DE LER

31ª SEMANA [3ª SESIÓN]

Imos chegando ao final. Pero aínda temos folgos para propoñer, para esta penúltima sesión, ler coa concentración que amosa Lyntton Strachey, dúas narracións escritas polos nosos alumnos: Clara Rodríguez Núñez e Rubén Gonçalves Prieto.

venres, 6 de xuño de 2014

M100GUEL: 1913-2010, 100 AÑOS DE MIGUEL HERNÁNDEZ, Varios Autores

VARIOS AUTORES, M100guel : 1910-2010, 100 años Miguel Hernández, Fundación Germán Sánchez Ruipérez, 2010.

[O HER m10]

Esta marabillosa caixa contén dous libros (un con textos e biografía e outro con actividades propostas para bibliotecas) carteis, 30 marcapáxinas e un CD con adaptacións musicais dos poemas do autor que faleceu en 1942 na prisión onde foi confinado polo réximen fascista de Franco.


xoves, 5 de xuño de 2014

WINNIPEG, Hixinio Puentes

HIXINIO PUENTES, Winnipeg, Xerais, Vigo, 2013, 236 páxinas.

[NG PUE win]

De novo temos que agradecer a Tino Chao outra das súas moitas aportacións ao estante das novidades. Neste caso, a historia dos homes e mulleres que sufriron a represión  e houberon de fuxir a Chile no cargueiro fretado por Pablo Neruda e Abraham Ortega.



mércores, 4 de xuño de 2014

SOY FELIZ, NO ME PREOCUPO..., Jimmy Liao



JIMMY LIAO, Soy feliz, no me preocupo, Barbara Fiore, Barcelona, 2012, 128 páxinas.


[AI LIA soy]


 
Subtitulado ...soy yo quien tiene preocupado al mundo, contén, na súa maioría,  viñetas escritas coa estructura anafórica Me preocupa...


**********

Me preocupan los vendajes que atan a nuestra imaginación de tal modo que los ojos cristalinos no consiguen ver el arco iris en el horizonte.

martes, 3 de xuño de 2014

HAI CU, O Leo

O LEO, Hai cu, Xerais, Vigo, 2007, 162 páxinas.


[PG LEO hai]

A poesía pode ser crítica, trangresora... e moi divertida.



KALIMERA

Ao espertar á mañá
é coma un pitiño
acabado de nacer.


luns, 2 de xuño de 2014

HORA DE LER


30ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Con xuño chega o principio do fin do curso.

Nós seguimos a ler, aínda que empregamos outro tipo de proteccións. A sorte de ter deixado atrás os anos 50 do pasado século!

Aí quedan un relato da nosa premiada alumna Amaia Tomé Tomé e unha antoloxía de microrrelatos que agradará a moitos lectores.