Amosando publicacións coa etiqueta NOVIDADES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NOVIDADES. Amosar todas as publicacións

martes, 15 de marzo de 2022

NOVIDADES MARZO

Acabadiñas de catalogar na biblioteca, gorentosas novidades:

  • Varios títulos de narrativa que acaban de saír do prelo: 

Imaxes roubadas de Nones Araújo é un libro de relatos inspirados en cadansúa obra de arte.

Non penses nun elefante rosa de Antía Yáñez trata o tema da saúde mental desde o sentido do humor.

Golpes de luz de Ledicia Costas, que xa conta cun importante éxito no pouco tempo que leva no mercado.

Formigas nos pés de Nazaret López

  • Incorporamos para os lectores máis novos a colección Formigas de Pere Tobaruela  cuxo cuarto número está dedicado a Rosalía de Castro.
  • Os seguintes  libros de poemas :
Presente continuo  de María Reimóndez
Beixos de lingua de Paco Barreiro
Dun lago escuro de Marta Dacosta



xoves, 3 de febreiro de 2022

NOVIDADES DE BANDA DESEÑADA E ALBUM ILUSTRADO

     Varios títulos de banda deseñada acaban de incorporarse aos fondos da Biblioteca. Entre eles algúns números da colección AYA DE YOUPOUGON, premiados  e varias veces reeditados, cos que aínda non contabamos. Poderedes atopar ademais a versión en cómic da  exitosa serie de ciencia ficción e terror STRANGERS THINGS .

    No espazo da biblioteca destinado ao libros ilustrados atópanse, entre outros,  novos títulos de moi recente publicación como Monte pindo. Historias de lendas do olimpo celta de Laura Suárez e  O  país da choiva , ilustrado por Xosé Tomás e escrito por Miguel A. Alonso Diz. 



venres, 7 de xaneiro de 2022

OS METROSIDERAIS, Héctor Cajaraville



Título : Os Metrosiderais
Autor: Héctor Cajaraville
Editorial : OQUELEO - SANTILLANA

Xa temos nos andeis da Biblioteca este libro de Héctor Cajaraville.  

Durante as vacacións de verán, un grupo de rapaces van verse somerxidos nunha emocionante investigación que crava as súas raíces na historia da Coruña, a cidade na que viven.  Ao longo das súas páxinas, os membros da Banda do Cigurat deberán enfrontarse a un enigma que rodea a cidade herculina, e que foi pasando de xeración en xeración, ampliándose ao longo dos seculos.



luns, 27 de decembro de 2021

NOVIDADES DE DECEMBRO

             Imos incorporando novos  títulos de libros informativos e de divulgación. Xa están dispoñibles para collelos na Biblio do Aguiar.



xoves, 4 de novembro de 2021

NOVIDADES NA BIBLIOTECA

 

  • Varios libros para xogar coas palabras  : SINONIMERO, PALINDROMERO , KIKIRIKI , JUEGUERO.
  • Dúas guías ilustradas fermosísimas : A GUÍA DEFINITIVA DOS PEIXES DA GALIZA  e VICHES ISO ?  

sábado, 9 de outubro de 2021

NOVIDADES

 Xa temos na biblioteca o XII PREMIO XULES VERNE  de literatura xuvenil.


O seu autor Antonio M. Fraga, fálanos da obra  no seguinte video:

martes, 2 de marzo de 2021

mércores, 17 de febreiro de 2021

JOANA, Joan Margarit


 JOAN MARGARIT, Joana, FCE, Barcelona, 2020, 132 páxinas.

 ***

 

CANCIÓN DE CUNA


Duerme, Joana.


Y que este Loverman oscuro y trágico


del saxo de tu hermano en Montjuïc


te pueda acompañar


toda la eternidad por los caminos


que son bien conocidos por la música.


Duerme, Joana, duerme.


Y a poder ser no olvides


tus años en el nido


que dentro de nosotros has dejado.


Mientras envejecemos,


conservaremos todos los colores


que han brillado en tus ojos.


Duerme, Joana. Esta es nuestra casa,


y todo lo ilumina tu sonrisa.


Un tranquilo silencio: aquí esperamos


redondear estas piedras del dolor


para que cuanto fuiste sea música,


la música que llene nuestro invierno.

venres, 8 de xaneiro de 2021

ANTOLOGÍA DE SPOON RIVER, Edgar Lee Masters

 


EDGAR LEE MASTERS, Antología de Spoon River, Thule Ediciones, Barcelona, 2020, 376 páxinas.

[PUC MAS ant]

WILLIAM Y EMILY

Hay en la muerte
algo parecido al amor.
Si tras haber conocido la pasión
y el ardor del amor juvenil
sientes también, tras años de vida
en común, que la llama se debilita,
y así, juntos, os desvanecéis
poco a poco, tenue, delicadamente,
como si en brazos uno del otro
desaparecierais de la sala familiar,
estás ante esa fuerza que une las almas
tan parecida al amor.