Amosando publicacións coa etiqueta MANUEL NÚÑEZ SINGALA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MANUEL NÚÑEZ SINGALA. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de xaneiro de 2020

HORA DE LER

HORA DE LER 

15ª SEMANA [3ª SESIÓN]

Despois de levar, neste curso, catorce semanas facendo amables suxestións de lectura, comezamos este luns cunhas gratas imposicións. Como aprender a vivir seguindo os consellos de Julio Cortázar e Manuel Núñez Singala.

Ilustración:  André Kertész

luns, 28 de xaneiro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

16ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Ás veces tamén neva no noso corazón. Folerpas que caen ao compás das palabras de Julio Cortázar e Manuel Núñez Singala.

Ilustración: Paolo Domeniconi

martes, 24 de febreiro de 2015

O ACHADO CO CASTRO, Manuel Núñez Singala

MANUEL NÚÑEZ SINGALA, O achado do castro, Galaxia, Vigo, 2014, 80 páxinas.

[TG NUÑ ach]

Galaxia reedita na colección Costa Oeste esta exitosa peza teatral publicada no 1991.

luns, 26 de xaneiro de 2015

HORA DE LER





15ª SEMANA [3ª SESIÓN]

   Despois de levar, neste ano, catorce semanas facendo amables suxestións de lectura, comezamos este luns cunhas gratas imposicións. Aprendede a vivir seguindo os mandados de Julio Cortázar e Manuel Núñez Singala.

mércores, 21 de xaneiro de 2015

INSTRUCCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ, Manuel Núñez Singala

MANUEL NÚÑEZ SINGALA, Instruccións para tomar café, Galaxia, Vigo, 2014, 144 páxinas.

[NG NUÑ ins]

Sumamos ás nosas novedades esta colección de relatos curtos e microrrelatos da que deixamos unha mostra coa pretensión de que pronto veña algún lector a levalo en préstamo.

**********
BOTAR CONTAS

   No reino a maior parte da xente só sabía contar ata cinco. Para cantidades maiores empregábase "moito" e dese xeito simplificabanse os cálculos de modo extraordinario.
   Había controversia ao respecto deses reducidos coñecementos sobre os números. Os monxes do Oráculo das Seis Palabras insistían na necesidade de ampliar os horizontes matemáticos da poboación. O Sumo Sacerdote era da opinión de que con cinco era abondo para o común da xente e que os saberes aritméticos máis avanzados debían ser patrimonio só duns poucos elixidos.
   Nunha das frecuentes disputas entre o Templo e o Oráculo, o Sumo Sacerdote caeu na conta de que o Oráculo das Seis Palabras tiña un nome composto por só catro palabras, e para atacalos fixo correr a nova de que iso era unha mostra de incoherencia absolutamente inadmisible.
   Non o entendeu ninguén.