[NG NUÑ ins]
Sumamos ás nosas novedades esta colección de relatos curtos e microrrelatos da que deixamos unha mostra coa pretensión de que pronto veña algún lector a levalo en préstamo.
**********
BOTAR CONTAS
No reino a maior parte da xente só sabía contar ata cinco. Para cantidades maiores empregábase "moito" e dese xeito simplificabanse os cálculos de modo extraordinario.
Había controversia ao respecto deses reducidos coñecementos sobre os números. Os monxes do Oráculo das Seis Palabras insistían na necesidade de ampliar os horizontes matemáticos da poboación. O Sumo Sacerdote era da opinión de que con cinco era abondo para o común da xente e que os saberes aritméticos máis avanzados debían ser patrimonio só duns poucos elixidos.
Nunha das frecuentes disputas entre o Templo e o Oráculo, o Sumo Sacerdote caeu na conta de que o Oráculo das Seis Palabras tiña un nome composto por só catro palabras, e para atacalos fixo correr a nova de que iso era unha mostra de incoherencia absolutamente inadmisible.
Non o entendeu ninguén.
Ningún comentario:
Publicar un comentario