venres, 23 de xaneiro de 2015

CONCURSO DE RELATO CURTO: CÓNTAME UN CONTO







   O concurso está aberto ao estudantado de ESO que presente unha obra escrita en lingua galega, orixinal e inédita antes do 28 de febreiro de 2015

   O pasado 20 de novembro cumpriuse un cuarto de século da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno e a Fundación Meniños quere conmemorar este aniversario coa posta en marcha do I Concurso de Relatos Cóntame un Conto.

   Escritores galegos de recoñecido prestixio, como Manuel Guisande, María Canosa e Carlos López (Chinto) formarán o xurado, designado pola Fundación Meniños, en colaboración cos patrocinadores do certame, Gadis e Librería Cascanueces, da Coruña. O concurso está aberto ao estudantado de ESO que presente unha obra escrita en lingua galega, orixinal, inédita e que se ateña ás seguintes bases.

   Os relatos enviados non poden ter unha extensión maior de 800 palabras ou menor de 600 e a súa temática fará alusión ao tema dos valores da infancia en positivo. Pódese obter más información do traballo de Meniños, a modo de inspiración, neste enlace.

   O premio consistirá nun lote de libros cedidos pola Librería Cascanueces, un Diploma e a publicación da obra gañadora nas canles dixitais da Fundación Meniños. O resultado do concurso será comunicado á persoa gañadora e publicarase no blog de Meniños. Ademais, o xurado resérvase a posibilidade de entregar ata tres accésits que serán difundidos tamén no blog da Fundación Meniños.

   Ao participar menores de idade, o relato terá que ser acompañado de unha comunicación responsable na que o pai, nai ou titor/o do autor ou autora indica que o/a autoriza a participar no concurso. O prazo de presentación pechará o día 28 de febreiro de 2015.



Ningún comentario:

Publicar un comentario