Amosando publicacións coa etiqueta DOCUMENTAL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DOCUMENTAL. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de febreiro de 2014

LAS MAESTRAS DE LA REPÚBLICA, Pilar Pérez Solano

PILAR PÉREZ SOLANO, Las Maestras de la República, FETE UGT / Transit Producciones, Madrid, 2013, 63 minutos.

[DVD MAE]

Sempre é ilusionante que os profesores do IES Francisco Aguiar queiran facer noso o seu. Neste caso a doazón chega das mans de Victoriano Rodríguez, profesor do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing: Las Maestras de la República ven de recoller o premio Goya á millor película documental do ano 2013.
Pola memoria que reconstrúe, pola testemuña dun tempo que puido supoñer a conexión do noso país con Europa, polas raices dos movementos de Renovación Pedagóxica, pola heroicidade de querer convertir a educación nunha ferramenta para desmontar unha sociedade clasista e masculinizadora, pola vixencia dos postulados... En fin: por todos os motivos que seguen a movernos a loitar por unha Educación Pública de Calidade que equipare as posibilidades de todos os alumnos... convén visionar este magnífico documental, que queda xa a vosa disposición.