Amosando publicacións coa etiqueta BELÉN GOPEGUI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BELÉN GOPEGUI. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de abril de 2016

EL SIMULACRO DE LO REAL EN BELÉN GOPEGUI


BELÉN GOPEGUI, Lo real, Anagrama, Barcelona, 2001, 388 páxinas.

   De Belén Gopegui tíñamos lido o curso anterior El padre de Blancanieves.
   Onte quedou claro que, aínda que Lo real non é unha lectura fácil, admite moitas intrepretacións e serve para a comprensión do mundo contemporáneo.
   Novela de arquitectura notable (narradora interposta, intromisións do Coro de los asalariados...) cuestiona que ten de real o que chamamos real. Así foi como o noso profesor de arte favorito, XL Mosquera, fíxonos reparar na simboloxía da imaxe coa que se ilustra a portada. Solicitou que a nosa mirada reparara no reflexo que proxecta o escudo de San Miguel Arcángel: a imaxe do pintor do óleo, se cadra, é o único real da novela. Tamén por iso, saíu a colación o caso tratado na moi recomendable película de Eduard Cortés, La vida de nadie (2002).

 


   Tematizando o cinismo na conduta de Edmundo, Almudena, Irene..., a pregunta era que personaxe merecía o noso respeto, cal pretendía vivir, con dignidade, fora do simulacro.

   Hai redención no final da historia?
  Quedan na retina do lector os campos de laranxeiras, o esteiro do Guadiana, as vistas do Algarve...; seguemos a ulir o perfume de azar.
   Escollemos esa fragancia para esquecer o noxo que desprende a tinta dos papeis de Panamá e deixamos soar no bucle do noso reproductor este tema de Rafael Berrio, tan ad hoc


Temo haber vivido mi vida como si ello fuera un simulacro,
Como si yo tuviera el don de vivir por mí dos veces
La de haber dejado a un lado la que importa en prenda de una vez futura
y haber malgastado en borradores la presente.



mércores, 30 de marzo de 2016

DESEO DE SER PUNK, Belén Gopegui

BELÉN GOPEGUI, Deseo de ser punk, Compactos, Anagrama, Barcelona, 2011, 192 páxinas.


[NC GOP des]

No noso IES comezamos a ler esta novela desde o curso 2009/2010, feito do que da mostra o blog Deseo de ser punk, work in progress, que van ampliando algunhas promocións lectoras curso a curso. Hoxe, sabedores de que a autora estaba ao tanto deste traballo, sentímos, con ese recoñocemento, o desexo de proseguir.




mércores, 9 de marzo de 2016

CLUB DE LECTURA BIBLIOS/AGUIAR: DE LO REAL A LA OCARINA DEL TIEMPO

Este próximo luns 4 de abril terá lugar na Libraría Biblos a reunión dos membros do Club de Lectura BibliosAguiar. Lamentamos comunicar que esta vez non foi posible contar coa presenza da autora, Belén Gopegui, pois ela estará un único día na Coruña: o xoves 10. Ese día, no salón da UNED (Rúa Pepín Rivero 3), a partir das 18:30, falará  da súa obra na compañía de Xavier Seoane e Javier Pintor. Xustamente o responsable deses encontros, Javier Pintor pide que recordemos que estades todos convidados a asistir a ese acto.

Si podemos avanzar que xa temos elexida a próxima obra: La ocarina del tiempo, un libro de contos recentemente editado por Trifolium. Tras a súa lectura falaremos (en data a determinar) coa autora, Raquel Vázquez, veciña de Betanzos e exalumna do IES Francisco Aguiar.

Próxima xuntanza: Lo real
4 de abril
19:00 horas

Libraría Biblos
Rúa Santiago, 4
Betanzos