Amosando publicacións coa etiqueta MAITE CARRANZA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAITE CARRANZA. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de novembro de 2014

ENTREGA DOS LIBROS AOS 42 ALUMNOS DO CLUBE DE LECTURA DE 1º DE BACHARELATO


Non hai dúbidas: estas fotos están dispostas en orden inverso. 
Para posar cos libros na man os cuarenta e dous alumnos do Clube de Lectura de Primeiro de Bacharelato, antes hai que chamar por orde de lista a cada un dos inscritos, ver a quen lle corresponde ler a Sandra Cisneros, a quen lle toca levar A desaparición de Esme Lennox, quen se queda coas Palabras envelenadas.


Non é que no noso IES o mundo ande ao revés.


Os nosos alumnos elixen participar no Clube de Lectura.


Os nosos lectores elixen ler en galego.



PRIMEIRO DE BACHARELATO.   [42 alumnos / 3 grupos]

   SANDRA CISNEROS, A casa en Mango Street, Rinoceronte.
     MAGGIE O'FARRELL, A desaparición de Esme Lennox, Galaxia.
     MAITE CARRANZA, Palabras envelenadas, Rodeira.

xoves, 28 de novembro de 2013

PALABRAS ENVELENADAS, Maite Carranza


MAITE CARRANZA, Palabras envelenadas, Rodeira, 2010, 264 páxinas.

[NG CAR pal]
**********

   Nuria Solís é unha personaxe de Palabras envelenadas, concretamente a nai da protagonista, Bárbara Molina. É unha muller vexetal, desequilibrada, anulada, unha vítima máis do maltrato de xénero; unha persoa que, en contra do ciclo da vida, tivo que perder (aínda que non para sempre) a unha filla.
   A nai de Bárbara é unha persoa transformada; grazas á súa irmá podemos saber que na súa xuventude ela era aventureira e loitadora, activa e moi botada para adiante. Este cambio ten a  orixe  en Pepe, o seu home.
   Nuria é maltratada psicolóxicamente por parte do seu marido. Apreciámolo cando teñen que declarar ante a policía pola desaparición da filla e el non para de berrarlle, ou na casa cando a trata esperando dela a submisión. El consegue facerlle ver que necesita axuda, ela non existe a forza de pastillas e así anúlaa coma persoa autónoma, independente e con capacidade de decisión. Nela refléxanse as características da maioría das mulleres maltratadas: os sentimentos de culpa, o agradecemento, a dependencia cara ás súas parellas, a incapacidade de ver a realidade, de poñer un fin. [...]
   A pesar do seu reencontro coa filla, eu creo que é unha muller chea de carencias, con moitas feridas que curar, que arrastrará toda a súa vida e das que padecerá durante moitos anos as consecuencias. [...]


Lola Mosquera [1º BAC C]