Amosando publicacións coa etiqueta DVD. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DVD. Amosar todas as publicacións

martes, 20 de xaneiro de 2015

EXIT THROUGH THE GIFT SHOP, Banksy


BANKSY, Exit through the Gift shop, 2011, 87 minutos.

[DVD EXI]

**********
Thierry Guetta, un excéntrico comerciante francés afincado nen Los Ángeles, é afeccionado a gravar todo o que ocorre ao seu ao redor. Un día decide poñerse trala cámara para realizar unha película sobre a arte urbana e algúns dos máis soados artistas do street art, entre os que ademais de Banksy atópanse artistas como Space Invader ou Sheph.
**********




venres, 4 de abril de 2014

CASABLANCA, Michael Curtiz


MICHAEL CURTIZ, Casablanca, 1942, 102 minutos.

[DVD CAS]

Aí vai a última referencia melancólica da semana. Sempre nos quedará Paris, dille a Ilsa  Rick. Nós dicimos mortos de envexa: que volvan xa!



mércores, 19 de marzo de 2014

BLADE RUNNER, Ridley Scott

RIDLEY SCOTT, Blade runner, EEUU, 1982, 112 minutos.


[DVD BLA]

Que difícil contar as impresións dun espectador que acudira a estrea de Blade Runner no ano 1982 a un cine, naquel tempo no que os cines non aceptaban prefixos: nin minicines, nin multicines!

Scott acerta a transformar a historia de Philip K. Dick nun imaxinario visual potentísimo que aínda fai tremer... A B.S.O do grego Vangelis... O hermético unicornio... Tantas cousas...

Un apunte: o parlamento do replicante Roy Batty, dunha beleza poética completamente autónoma, na voz do actor de doblaxe Constantino Romero.




Yo... he visto cosas que vosotros no creeríais... 
atacar naves en llamas más allá de Orión, 
he visto rayos C brillar en la oscuridad 
cerca de la puerta Tannhäuser.
Todos esos momentos 
se perderán en el tiempo 
como lágrimas en la lluvia.

Es hora de morir.

martes, 18 de febreiro de 2014

LAS MAESTRAS DE LA REPÚBLICA, Pilar Pérez Solano

PILAR PÉREZ SOLANO, Las Maestras de la República, FETE UGT / Transit Producciones, Madrid, 2013, 63 minutos.

[DVD MAE]

Sempre é ilusionante que os profesores do IES Francisco Aguiar queiran facer noso o seu. Neste caso a doazón chega das mans de Victoriano Rodríguez, profesor do Ciclo Superior de Xestión Comercial e Marketing: Las Maestras de la República ven de recoller o premio Goya á millor película documental do ano 2013.
Pola memoria que reconstrúe, pola testemuña dun tempo que puido supoñer a conexión do noso país con Europa, polas raices dos movementos de Renovación Pedagóxica, pola heroicidade de querer convertir a educación nunha ferramenta para desmontar unha sociedade clasista e masculinizadora, pola vixencia dos postulados... En fin: por todos os motivos que seguen a movernos a loitar por unha Educación Pública de Calidade que equipare as posibilidades de todos os alumnos... convén visionar este magnífico documental, que queda xa a vosa disposición.

mércores, 29 de xaneiro de 2014

martes, 21 de xaneiro de 2014

EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS, Mark Herman


MARK HERMAN, El niño con el pijama de rayas, 2008, 94 minutos.

[DVD NIÑ]

Na Biblioteca hai moito por descubrir... Por exemplo esta película, aínda que coñecida por todos, merecedora de novas revisións, pois certo é que o film segue a ser o mesmo, pero de seguro que o espectador que era cada un de nós, cambiou.

martes, 26 de novembro de 2013

TE DOY MIS OJOS, Iciar Bollaín


ICIAR BOLLAÍN, Te doy mis ojos, 2003, 103 minutos.

[DVD TED]

**********
   Algunha excelencia terá esta película para que un crítico cinematográfico tan hipercrítico como Carlos Boyero a calificase coma "La película más estremecedora que he visto sobre el maltrato doméstico." Obtivo sete premios Goya incluíndo Mellor película, mellor dirección, mellor actor e mellor actriz.
   Nós, que non temos o espírito tan hipercrítico, recomendamos Amores que matan, unha curtametraxe de Bollaín, do ano 2000, que mesmo pode ser considerada o borrador de Te doy mis ojos. Amores que matan é un falso documental que procura a reflexión sobre a violencia sexista e mesmo sobre o sexismo irreflexivo que transmite o imaxinario colectivo en cancións infantís (Don Federico...) ou pasodobles que todos os nosos avós bailarían nas festas do patrón.
   Unha boa guía didáctica sobre a película a atoparedes aquí.
**********