luns, 29 de febreiro de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER

20ª SEMANA [2ª SESIÓN]
Mirada limpa... 
A rapaza pintada por Samuel Henry William Llewellyn tal vez esté a ler un poema de Karmele Jaio ou ben esta prosa poética de Carlos Negro.

venres, 26 de febreiro de 2016

NOAH BARLEY WATER ESCAPA DA CASA, John Boyne

JOHN BOYNE, Noah Barleywater escapa da casa, Kalandraka, Pontevedra, 2011, 224 páxinas.

[NUG BOY noa]

Noah Barleywater saiu ben cedo pola mañá, antes do sol saír, antes dos cans acordaren, antes do orballo para de caer sobre os campos...

xoves, 25 de febreiro de 2016

UN ANIMAL CHAMADO NÉBOA, Ledicia Costas


LEDICIA COSTAS, Un animal chamado néboa, Xerais, Vigo, 2015, 200 páxinas.


[NG COS ani]

Costas sorprende ao lector con este lote de relatos curtos ambientados en distintos escearios da segunda Guerra  Mundial.

martes, 23 de febreiro de 2016

CLUB DE ADULTOS: ENTRE CULEBRAS, CON CELSO CASTRO


Esta é a foto do momento final do encontro con Celso Castro, no que abordamos toda a súa novelística (el afinador de habitaciones, astillas, o seu primeiro relato publicado, la cuervo), pero en particular de entre culebras y extraños.
Así foi como falamos dos gustos poéticos do autor, da súa querencia polo aforismo; así reparamos no vínculo con E. E. Cummings ou  Valter Hugo Mãe; tamén explicou por que aceptou de moi bo grado a elección do cadro de Timmy Lu Cong, e procurou reclamar para o protagonista da súa novela unha moi difícil amnistía.
Nós agradecimos a súa presencia e a grata conversa e mesmo démoslle (como interpretación da súa novela) este lixeiro agasallo.









luns, 22 de febreiro de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER

19ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Motos e coches: escusas para falar da familia, para falar dun. As Harleys nas que pensaba Minia, a protagonista do relato de Anxos Sumai, o 1500, o primeiro coche da familia do relato de Emilio Gavilanes.
Ilustración: María Sánchez

venres, 19 de febreiro de 2016

LA OCARINA DEL TIEMPO, Raquel Vázquez

RAQUEL VÁZQUEZ, La ocarina del tiempo, Trifolium, Oleiros, 2016, 192 páxinas.

[NC VAZ oca]

**********
Estes trece relatos recollidos neste fermoso libro supoñen a primeira excursión narrativa da poeta Raquel Vázquez. Nós temos a sorte de poder presumir de poñelo á disposición dos lectores que "acepten el juego de asomarse a sus páginas." 
**********


xoves, 18 de febreiro de 2016

ENTRE CULEBRAS Y EXTRAÑOS, Celso Castro

CELSO CASTRO,  entre culebras y extraños, Destino, Barcelona, 2015, 154 páxinas.


[NC CAS ent]

Este próximo venres 19 de febreiro os membros do Club de Lectura Adultos sentirémonos entre culebras, pero Celso Castro non será para nós ningún estraño.


19 de febreiro
19:00 horas

Libraría Biblos
Rúa Santiago, 4
Betanzos

mércores, 17 de febreiro de 2016

EL INVIERNO MÁS FRÍO, Brendan Kiely

BRENDAN KIELY, El invierno más frío, Seix Barral, Barcelona, 2015, 320 páxinas.

[NUC KIE inv]


Para contar lo que pasó de verdad, lo que nadie sabe, lo que no dijeron los periódicos, tengo que empezar por la fiesta de Nochebuena de mi madre. Dos noches antes, como si el universo fuera el coproductor de su gran espectáculo, una tormenta de nieve había blanqueado nuestro rincón de Connecticut. Mi madre estaba encantada. Velas eléctricas en las ventanas, guirnaldas en las puertas, fotogénicos montones de nieve contra los muros de la casa..., todo era «simplemente maravilloso», como habrían dicho sus amigas. El espíritu navideño nos invadiría a todos, o al menos lo aparentaríamos. Era mi madre y con ella se imponía la supervivencia del más risueño, por lo que todos estábamos dispuestos a tragarnos su panacea festiva. Esperábamos recibir más de ciento cincuenta invitados en casa, obviando deliberadamente el hecho de que las invitaciones habían sido enviadas a finales de octubre con el nombre de mi padre impreso en relieve junto al de mi madre, pero el Viejo Donovan seguía en Europa, donde había pasado la mayor parte del año y donde para entonces ya había decidido quedarse.

martes, 16 de febreiro de 2016

EXPEDIENTE BAGDAD, Joan Cañete Bayle & Eugenio García Gascón

CAÑETE BAYLE, Joan & GARCÍA GASCÓN, Eugenio, Expediente Bagdad, Siruela, Madrid, 2014, 296 páxinas.

 [NC CAÑ exp]



13 de abril

   En Bagdad, aquella noche, la segunda sin electricidad, la guerra sonaba diferente. Al estruendo de los misiles, al zumbido que presagiaba la llegada del caza y enmascaraba su huida, al ulular de las sirenas y al ladrido de los perros abandonados, esa noche, la decimoquinta de bombardeos, se le habían sumado largas ráfagas de detonaciones sordas, de menor intensidad, no tan imponentes como las grandes explosiones. El doctor Rashid al Said conocía bien ese sonido de otras guerras, de otras noches de insomnio: ametralladoras, artillería, tiroteos. El estruendo procedía del otro lado del Tigris, del sureste de la ciudad. De los barrios del sur. Del aeropuerto.



luns, 15 de febreiro de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER

18ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Nestes tempos de treboadas e saraibas, procurar o abrigo e a serenidade coa lectura dos cadernos de haikus (ou haicais) de Emilio Gavilanes e Manuel Rivas.  

Ilustración: Ángeles Santos

venres, 12 de febreiro de 2016

¡DEVORAMOS PINTURAS!, Cristina Picazo

CRISTINA PICAZO, ¡Devoramos pinturas!, Blume, Barcelona, 2005, 44 páxinas.

[AI PIC dev]

**********
Subtitulado Una visita al Museo de Arte Contemporáneo permite un primer achegamento ás artes plásticas divulgándoas con amenidade, como se pode ver nesta entrada adicada a Antonio López, estes días de moita actualidade pola exposición Realistas de Madrid no Museo Thyssen.

**********

Antonio López nació en un pequeño pueblo de La Mancha en el mismo año en que estalla la Guerra Civil. Su tío, que era pintor, vio que teñía maña para dibujar y lo envió a estudiar arte a Madrid. Se pasaba el tiempo observando la naturaleza y los árboles, desnudos en invierno y cargados de fruta en verano. Pintaba los rincones de la casa más solitarios con mucho detalle, como una silla vieja abandonada o el lavabo húmedo que ves aquí. Antonio López tarda mucho tiempo en pintar un cuadro, a veces un año o hasta tres, y es que para él lo más importante es observar las cosas y ver cómo van cambiando.


xoves, 11 de febreiro de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER

17ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Ler estes relatos de Carlos López e Magda Bandera, con amor, coa pretensión de entender o amor: lúas que desaparecen, faros que iluminan.

Ilustración: Liz Amini Holmes


xoves, 4 de febreiro de 2016

ENCONTRO CON MIGUEL GALLARDO [03]: AGASALLO SOBRE AGASALLO

JOSEP M. FONALLERAS, Gertrudis y los días, SM, 2009, Madrid, 90 páxinas.

[NUC FON ger]

Antes de comezar, éramos moi conscientes de que o encontro de Miguel Gallardo cos nosos alumnos resultaría un moi bó agasallo. Non sabíamos que ademáis da súa conversa (sostida por todas esas máns que pedían preguntar), el levaba no seu peto este libro ilustrado que, a partir de agora, gardamos, adicado, como ouro en pano.


mércores, 3 de febreiro de 2016

ENCONTRO CON MIGUEL GALLARDO [02]

MARÍA GALLARDO & MIGUEL GALLARDO, María cumple 20 años, Astiberri, Bilbao, 2015, 64 páxinas.

[AI GAL mar]


Hoxe no encontro con Miguel Gallardo teremos moi presentes tamén esta outra novidade
da nosa biblioteca que permite un achegamento, coa maior das sensibilidades, á diversidade de todas as persoas. 
 

martes, 2 de febreiro de 2016

ENCONTRO CON MIGUEL GALLARDO [01]

MARÍA GALLARDO & MIGUEL GALLARDO, María e mais eu, El Patito Editorial, Santiago, 2013, 62 páxinas.
[AI GAL mar]

Recordábamos fai ben pouco a afortunada visita que fixeran ao noso centro David Rubín e Paco Roca. 
Hoxe podemos xa anunciar o encontro que os alumnos de primeiro da ESO van ter con Miguel Gallardo. Moitos teredes presente xa ao pai underground de Makoki ou ao sutil escritor e debuxante de Un largo silencio.


Os alumnos de primeiro pensarán principalmente no pai de María. Eles veñen de ler, con delectación e sorpresa, María e eu. Tamén empregaron oitenta minutos en contemplar María y yo, el documental dirigido por Félix Fernández de Castro. Algúns dos rapaces dos catro grupos tiveron a oportunidade de ler María cumple 20 años, pois tamén ocupa espacio nos estantes da nosa Comicteca.
Por todo iso, podemos esperar que este próximo mércores 3 de febreiro na sala Xulio Cuns que cede, xentilmente, o Concello de Betanzos, María Gallardo desenfoque a figura do seu pai.

Mércores 3 de Febreiro
Sala Xulio Cuns
12:45
Encontro con Miguel Gallardo



luns, 1 de febreiro de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER

16ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Mulleres que escriben reflectindo a incomodidade de vivir (Katherine Mansfield e Sara Mesa)...
Mulleres que len pola comodidade de ler...
Como non tentar imitar estes exemplos!