venres, 30 de maio de 2014

HISTORIAS DE ICÍA E AVOA, Sabela Arias Castro

SABELA ARIAS CASTRO, Historias de Icía e Avoa, Eira Vella, Betanzos, 2013, 80 páxinas.


Non hai erro na repetición da recomendación deste libro.

Onte celebrouse no centro o acto de Graduación da Promoción de 2º de Bacharelato 2013-2014.

O noso traballo como docentes consiste en ofrecer aos alumnos as ferramentas para camiñar con fortaleza e honestidade polo mundo adulto. Esperamos ter deixado en vós polo menos un pouso.

As vosas pegadas quedan na nosa memoria ou nos traballos como o que serve hoxe para encher de imaxes o baleiro provisional no que nos deixades.

Desexámosvos a felicidade e a conquista dos vosos proxectos.

A nosa porta, sempre aberta.



xoves, 29 de maio de 2014

CUENTOS CRUENTOS, Dino Lanti


DINO LANTI, Cuentos cruentos, Thule, Barcelona, 2008, 144 páxinas.


[PC LAN cue]

Hai moita xente que pensa que a poesía é aburrida. Nós, ás veces. 
Hai poesía aburrida como hai homes aburridos e divertidos. Dino Lanti non está no grupo dos primeiros. Ben o saben os alumnos de 2º da ESO que disfrutaron o conto da súa peculiar Cenicienta kilos y medio.

Como os nosos alumnos xa non se conforman con ler, aí queda esta variación narrativa e o rap. Estes traballos saíron do maxín de alumnos de 2º que acoden ao Contrato Programa Lectura / Escritura.

**********

LAS CENAS DE CENICIENTA

   Cenicienta invitó a cenar al Sapo Verde en su casa. 
  Antes de que llegara, puso a hervir agua en una gran cazuela. Cuando el Sapo se presentó ante su puerta, lo invitó a pasar. Picotearon pan para abrir el apetito. Al cabo de media hora, él le dijo a Cenicienta:
   —Cenicienta, no te he visto comer ni una miguita de pan. ¿Qué te pasa? ¿Por qué tienes encima de la mesa un libro de cocina de animales acuáticos?
   Cenicienta sonrió y dijo:
   —¡Ahora ya tengo hambre, sapo!
   El Sapo Verde gritó despavorido pidiendo auxilio, pues estaba atrapado.
   Cenicienta lo capturó, lo metió en la olla y media hora después se lo comió. Esa era su rutina de todas las noches en las que invitaba a sus pretendientes a cenar en su casa.
   
   Siempre que Cenicienta se encontraba con sus amigos repetía lo mismo:
   —Prefiero los sapos verdes a los príncipes azules. Son, no sé, más fáciles de conquistar...
Ignacio García Infante




CENICIENTA KILOS Y MEDIO

Cenicienta estaba gorda
y lo pasaba fatal
pues siempre se le rompían
los zapatos de cristal.

Iba cada noche al baile
y en un rincón se sentaba,
pero siempre daban las doce
y el príncipe no llegaba.

Porque aunque ella fuese por dentro
más hermosa que una flor,
es un cuento eso que cuentan
de la belleza interior.
[...]


mércores, 28 de maio de 2014

A HISTORIA DUN PROXECTO INTERDISCIPLINAR: OS MINI-LIBROS 02

 


El bebé es incapaz de dormir con los llantos de su padre.

Pablo Ferrer [3ºA]

DESEO

Se venden velas para un 87 cumpleaños, sin soplar.

Inés López [3ºA]

[DES] AMOR

Pensaron que un hijo ayudaría a terminar con sus discusiones de pareja.
Ya son familia numerosa.

Isabel López [3ºA]

EMIGRACIÓN

Desde que cámbie de páis se me cambío el acénto.

Iria Rodríguez [3ºA]

Mis ojos sólo sirven para fotografiar cada momento en el cual tu sonrisa asoma como cuarto menguante de la luna.

Gala Illanes [3ºA]

NATURALEZA

El viento le susurra a las hojas cuando pasa: “Temblad”.

Milena Rodríguez [3ºA]

Una paloma blanca
se acerca
al campo de batalla.

Pablo Martínez [3ºB]

PUESTA DE SOL MAYOR

Los pájaros vuelan al atardecer como notas musicales en un pentagrama iluminado con la clave de Sol.

José Manuel Vázquez [3ºB]

ALLEGRO

Y las letras de las canciones habían pasado de acompañar sus emociones a dictar sus sentimientos.

Gala Sánchez [3ºB]

NOVELA DE TERROR

Todos los días la misma rutina: recoger provisiones, cargarlas y llevarlas a casa.
Nunca pasa nada y nunca pensé que fuese a pasar nada, hasta que aquella gran bota negra tapó la luz del sol para siempre.

Gema Mourelo [3ºC]

A HISTORIA DUN PROXECTO INTERDISCIPLINAR: OS MINI-LIBROS 01


Como celebrar doutro modo o Día Do Libro? 

Xosé Manuel Rey Bao, profesor de Plástica, fixo a presente proposta ao Grupo de Traballo da Biblioteca: pedirlle aos nosos alumnos que escribiran e ilustraran as súas propias creacións.

Como?

Trouxo varias caixas de folios A3 e amosounos como convertelos nun soporte literario. Entramos na fase papiroflexia. 


Cos cortes precisos e as dobreces indicadas, ese folio convertíase nun libriño de 16 páxinas.


Ao resto dos profesores do Grupo de Traballo da Biblioteca tocoulle explicar nas súas clases de Lingua e Literatura como se podía transformar este artefacto nun libro ilustrado.
Os alumnos partiron do seguinte modelo:






E chegaron ata...

luns, 26 de maio de 2014

HORA DE LER


29ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Comezamos esta semana, sen imitar a comodidade de Mafalda, coa seguinte proposta de lectura: a narración coa que Icía Rodríguez Arias obtivo o Accesit no Premio MInerva 2014: e un fragmento do libro de Raquel Vázquez Lied de lluvia para una piel ausente, poemario galardoado co primer premio no  V Concurso Literario Nuevos Creadores de Granada.  

venres, 23 de maio de 2014

XADREZ, Icía Rodríguez Arias


XADREZ

   G-N RIV qui, G-N RIV rul, G-N RIV voc… G-N RIV que. Igual que nas dúas últimas veces que naquela semana visitara a biblioteca, o exemplar de ¿Qué me queres, amor? ficaba no estante, desafiante. Tomeino entre as mans con certa desesperación e aínda que no fondo sabía que sería inútil, abrino. Nada. Pasei as follas e non atopei nada. Nada a maiores das páxinas baleiras.
   Dende cativo, escoitaba as historias fantásticas nas que a miña avoa xeraba un universo alternativo para mergullarnos. Eu era un auténtico bibliófilo. Acudía á biblioteca coma quen acude a unha taverna. A barra libre de libros arringleirados permitíame saciar a miña sede de curiosidade, mitigar as miñas dores e axudarme cos meus problemas. A concentración podía case respirarse naquel templo do saber. Por moito que cambiasen as cousas, por moito que tivera que buscar un traballo a media xornada para costear os estudos, nunca deixei o meu vicio. Se algo cambiou a forma de ver a biblioteca, ese sería o día aquel no que collín o libro La insoportable levedad del ser de Milan Kundera.
   Era un día coma outro calquera, ía cos libros de historia, sentábame, e ao rato escollía con sumo coidado un exemplar dos andeis. Pero cando abrín o libro, atopei un papel alaranxado cun recendo dulzón.
  
   "Querido lector ou lectora,

    Ante a imposibilidade de atopar a alguén con quen compartir os meus gustos literarios diríxome a vostede. Gustaríame facerlle unha proposta, quizais, estrafalaria; dígame o que opina desta obra e propóñame outra. Proporcióneme o código do lombo, nada de títulos. A resposta deberá deixarse no lugar no que á atopou, e de haber varios exemplares o novo comunicado atoparase no exemplar máis antigo do libro proposto.

    A única regra será a discreción, deberá deixar a nota no seu libro e marcharse. Non intente presentarse ou establecer unha conversa.

    Con esperanza,
    Tareixa."
   
   Inundou o meu corazón unha forte empatía con aquela persoa, un vínculo puro aínda sen estar completamente seguro de se sería algún tipo de broma. Como non podía ser doutro modo, lin o libro, cantas veces ocorre algo así na vida de un? Resultou que Tareixa era o nome dunha das personaxes, e pregunteime a min mesmo se estaría a empregar un nick ou se ese sería o seu nome real. Iso so engadía misterio á beleza enigmática da nosa extraña relación. Cando eu pensaba nela imaxinábame a unha moza cun vestido verde e vaporoso, camiñando pola herba seca pola calor do verán, soñadora e algo bohemia. E eu, ao seu carón, rindo.
   Resposteina, dirixíndoa a Rayuela, de Julio Cortázar. Respostoume, Orgullo e prexuízo, de Austen. Joyce, Shelley, Baudelaire, Ruibal e outros moitos autores foron os nosos mensaxeiros. Era unha especie de xadrez, cada movemento era lento e estudiado. Con cada carta, compartíamos un pouco máis a nosa visión do mundo. Como era inevitable, paulatinamente falamos un pouco máis de nós mesmos. Eu rematei por preguntarlle o porqué da regra, posto que dentro do meu ser nacía unha inmensa curiosidade pola identidade de Tareixa, a rapaza do vestido verde vaporoso. A súa resposta foi: "Tomás, cuestionas todalas regras que se impoñen no teu dia a dia?".
   Pero eu precisaba algo máis. Non era a súa apariencia, non desexo que se me considere superficial. Eu precisaba saber que ela existía realmente. Endexamais dera con alguén que se implicara na literatura tanto coma min, con devoción e sen pedir nada a cambio.
   Guiado polos meus instintos, decidín un día agardar, disfrazado entre o resto de persoas da biblioteca, para poder confirmar as miñas sospeitas de que todo aquilo era algo máis que un soño. Cheguei de mañá cedo e pasei o día ocupado únicamente en semellar atarefado. Ao redor das catro da tarde, alí estaba, unha rapaza miúda de pelo escuro e longo, colleu Unha forma de vida. A miña moza de vestido verde levaba vaqueiros e un xersei. O seu rostro era pálido, as súas cellas definidas e densas, castañas. Os seus ollos, grandes e expresivos, revoloteaban por toda a estancia. Con algo de inquedanza, sentou nunha cadeira  moi próxima á miña. Os seus beizos carnosos curváronse nun cálido sorriso mentras lía a miña carta, con moita atención.
   Fiquei mirándoa, e caín na conta do meu erro. Eu violara a única norma da nosa relación, rompera a nosa promesa. Sentín a necesidade de sincerarme ante unha inmensa carga de culpa.
   —Tareixa, perdoa.—Susurrei.
   Ela levantouse, sen dicir nin unha palabra. Colleu o libro, e marchou pola porta, mentres eu, sorprendido pola súa indiferenza, permanecía inmóbil. Cando espertei da miña ensoñación fun trasdela, para explicarllo. Xa estaba lonxe e berrei o seu nome, pero ela foi incapaz de escoitarme.
   Na súa resposta, esquivou totalmente o tema. Fixo coma se nada ocurrise, coma querendo impoñer aquelas partidas de xadrez como única vía de comunicación. Eu estaba ferido, e facíame todo tipo de preguntas. Causaríalle unha mala impresión? Avergoñaríase da nosa relación? Atormentábanme estas cuestións, polo que no seguinte libro, abordei o tema de cheo. Conteille a miña versión dos feitos e pedinlle perdón, despois “enviei” a mensaxe seguindo o noso protocolo. Entenderíaa totalmente se non  era quen de desculparme.
   G-N RIV qui, G-N RIV rul, G-N RIV voc… G-N RIV que. Igual que nas dúas últimas veces que naquela semana visitara a biblioteca, o exemplar de ¿Qué me queres, amor? ficaba no estante, desafiante. Tomeino entre as mans con certa desesperación e aínda que no fondo sabía que sería inútil, abrino. Nada. Pasei as follas e non atopei nada. Nada a maiores das páxinas baleiras. Eu estaba baleiro.
Choquei a testa contra un estante. Cómo poidera ser tan desconsiderado?
   Entón decateime de que o rostro de Tareixa estaba ao outro lado da estantería. Eu permanecín quedo, mantendolle a mirada aos seus ollos de cor avelá. Con pequenos pasos de liliputiense bordeou o moble ata chegar onda min. Con linguaxe de signos, xesticulou o que eu despois sabería que significaba: "Véxote tódolos días ao chegar, Tomás. Eu quero unha relación de biblioteca, silenciosa. Entendes?"
   Colleu o libro que eu aínda sostiña entre as miñas mans, deume un bico nos beizos, e por fin, pechouno.

Icía Rodríguez Arias
[Accesit Premio MInerva 2014]

&
Chema Madoz

xoves, 22 de maio de 2014

PIEDRAS NEGRAS, Jesús Zomeño

JESÚS ZOMEÑO, Piedras negras, Lengua de Trapo, Madrid, 2013, 162 páxinas.



[NC ZOM pie]
 
Alguén haberá que pense tras ollar a portada deste libro: outra edición oportunista aproveitando a invasión de historias sobre a Gran Guerra. Dende aquí non temos máis que decir: ésta é unha das mellores coleccións de relatos que temos lido neste curso. Para quen dubide, antes de retiralo da Biblioteca ou antes de mercalo na libraría, quedan estas dúas ligazóns por xenerosidade do autor: Cruel e 1916, Puntos de una mapa. Dublín. Gracias, Jesús.


mércores, 21 de maio de 2014

NIMBOS, Xosé María Díaz Castro


XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, Nimbos, Galaxia, Vigo, 2010 (1961), 96 páxinas.


[PG DÍA nim]
 
Como ven sendo habitual, o Concello de Betanzos agasalla á nosa Biblioteca con tres exemplares de Nimbos.
 

 
 

martes, 20 de maio de 2014

FALLO DO I CONCURSO DE VÍDEO-CREACIÓN PARA A PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA


   O xurado do I Concurso de vídeo-creación para a promoción da lingua galega, tendo en conta que só se presentaron traballos na categoría de bacharelato,  decide outorgar un primeiro premio e dous accésits aos seguintes traballos:

1º premio: 


Traballo do que resaltamos a capacidade para conectar co público ao que vai dirixido (o alumnado do IES), orixinal e divertido, que ademais transmite un xeito de traballar integrador e colaborativo, pois toda a clase de 1ºD participa na elaboración. 

Accésits:

Cambiar para mellorar.

Grupo de alumnos de 1ºB BAC.



Co seu traballo pretenden transmitir a validez da lingua galega para todo tipo de situacións: cos veciños, para falar da actualidade, nas relacións comerciais, no ocio. 


Grupo de alumnos de 1ºB BAC. 

A resposta á pregunta do título serve de pretexto para recordar a nosa historia da lingua e rematar cunha reflexión sobre a carencia que para nós supòría a perda da lingua propia. 

**********
 
Parabéns a todos/as participantes polo seu entusiasmo e a perspectiva que souberon adoptar para a transmisión da mensaxe. Esperamos que estes sexan só os primeiros dos bos traballos que se presentarán en próximas convocatorias.

luns, 19 de maio de 2014

HORA DE LER

28ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Non é imprescindible facer esta escaleira de libros lectores para achegarse aos textos dos autoras galegas propostas para esta semana: Luisa Castro e Berta Dávila.

venres, 16 de maio de 2014

NIMBOS, Xosé María Díaz Castro

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, Nimbos, Galaxia, Vigo, 2006 (1961), 96 páxinas.

[PG DÍA nim]

TRASFIGURACIÓN
             
SINTO ás veces as horas nos meus ombros
e digo que me pesan coma un reino.
Eu penso no teu Reino que no é deste
mundo, i entón párcenme as miñas horas
alas, Xesús, i escuma sobre a mar.

xoves, 15 de maio de 2014

martes, 13 de maio de 2014

SAFARI FOTOPOÉTICO LETRAS GALEGAS 2014



Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Xosé Mª Díaz Castro




A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un Safari Fotopoético sumándose á homenaxe das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro.


Rexirase polas seguintes bases:
  1. Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  2. As datas nas que se realizará o Safari Fotopoético estarán comprendidas entre o 17 e o 25 de maio do presente ano 2014.
  3. O día 26 de maio será a data límite para o envío / entrega das fotopoesías.
  4. As fotogrfías deberán ser orixinais e tomadas preferentemente no Casco Antigo de Betanzos. 
  5. As fotografías deben ilustrar algún verso ou idea das que se axuntarán a estas bases nesta pequena escolma poética.
  6. O texto do verso elexido debe aparecer integardo na propia imaxe.
  7. As imaxes a concurso poderán entregarse en formato dixital (pendirve ou CD) na Biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com].
  8. O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  9. O Xurado estará presidido por un representante do Equipo Directivo, dous profesores/as (un membro do Equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Educación Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  10. Os premios entregaránse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:
  • 50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
  • 40% pola adaptación deo texto á imaxe elexida, e
  • 10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.

luns, 12 de maio de 2014

HORA DE LER


27ª SEMANA [5ª SESIÓN]


Esta semana na que se festexa, na figura de Xosé María Díaz Castro, a palabra dita e lida en galego, recollemos todos os textos propostos durante o que vai de curso: os minirrelatos de An Alfaya, Rosa Aneiros e outros, as narracións de María Reimóndez, Marica Campo, Rafael Dieste, Berta Dávila, Esopo, Carlos Casares, Xosé A. Neira Cruz, Olga Patiño, Xosé Luis Méndez Ferrín, Manuel Rivas, F. X. Fernández Naval, Kestutis Kasparavicius ou mesmo Washington Irving; e os poemas de Manuel Álvarez Torneiro, Marica Campo, O Leo, Carlos Negro, Celso Emilio Ferreiro, Berta Dávila ou uns poemas goliardescos recollidos na colección Carmina Burana

Para amosar que con nós non vai a pregiza, engadimos á listaxe uns poemas de Olga Patiño.

venres, 9 de maio de 2014

PLAN DE MELLORA 01


Onte o Consello Escolar do Centro aprobou a solicitude do Plan de Mellora para a nosa Biblioteca. 

Hoxe é fácil sinalar a xente que forma parte do Equipo da Biblioteca: nós seríamos unha cousa ben distinta sen o entusiasmo e a entrega de Elvira Castro, María José Pardo, Lucía Sáez, o Carmen Suárez; sen a visión espacial de Xosé Manuel Rey Bao, os enroques tan betanceiros de Óscar García Ramos ou o noso cineasta favorito, Julián Ferrer. 

Pero como quedaba dito en febreiro, a propósito dos soños dos androides, este traballo que se ven facendo e o froito do teimudo afán de moita xente.

Desde hoxe, iremos divulgando as produccións de ARDA: Alto Risco Derivados Audiovisuais, e, polo tanto, empezamos por este anacrónico principio: A inminente chegada do Nadal.

 


Xa nada detén a súa inminente chegada. É por iso que na Biblioteca os libros non se conforman con estar nas estanterías esperando que algún lector os pasee. Os de peto despreguízanse e reclaman con xúbilo que alguén os lea. Aos máis pesados e enciclopédicos agrádalles xogar a compoñer as distintas pólas dunha árbore: a árbore do saber, a árbore da vida. Na copa, á que só se empolican os máis atrevidos, loce un desexo: Feliz Nadal.

mércores, 7 de maio de 2014

CARMINA BURANA, Carl Orff

CARL ORFF, Carmina Burana, IES de Sabón, Arteixo, 1999, 86 páxinas.

[PUG ORF car]


Fermoso proxecto editorial: a comunidade educativa do IES de Sabón traduce ao galego os poemas goliardescos atopados en Benediktbeuern, aos que puso música o muniqués Carl Orff na súa célebre cantata publicada no ano 1937.


Oh Fortuna,
semellante á Lúa
de condición variable,
sempre medrando ou debalando;
vida detestable,
agora fires
e logo curas
os sentidos cun xogo cruel
[...]

martes, 6 de maio de 2014

QUÉ ESTÁS LEYENDO...


A Organización de Estados Iberoamericanos publicou xa a convocatoria do concurso ¿Qué estas leyendo? correspondente ao ano 2014. Nesta ocasión, convidan aos lectores e ás lectoras de entre 15 e 17 anos, para que inscriban blogues persoais, arredor dos libros e das lecturas, neste concurso que ten como premio unha viaxe a Bos Aires, onde se realizará un encontro con todos os galardoados dos diferentes países iberoamericanos. Unha ocasión única para compartir experiencia lectora con outros rapaces e rapazas. Os bloques poden estar en calquera das linguas oficiais, dos países participantes na OEI polo que o galego podería estar presente tamén neste encontro, pois ao igual que este ano 2013, agardamos que a participación galega sexa alta. O prazo de inscrición remata o 30 de xullo.
En efecto, o pasado 19 de marzo fíxose entrega en Compostela dos premios queestasleyendo.org aos blogues gañadores e finalistas do Estado Español na convocatoria 2013. Tanto os gañadores como 4 dos 10 blogues finalistas eran galegos

Esta convocatoria é unha oportunidade para que os rapaces e as rapazas dos clubs de lectura, xa suficientemente motivados, poidan poñer en marcha unha iniciativa persoal (ou grupal) que sirva de plataforma para a expresión da súa creatividade tanto na escrita como no audiovisual, tendo sempre como fondo os libros e as lecturas, pero tamén a música, o videoxogo, o cine...`É oportunidade tamén para desenvolver competencias dixitais e de produción de información (ALFIN en estado puro).

luns, 5 de maio de 2014

HORA DE LER


 

26ª SEMANA [4ª SESIÓN] 

Neste mes de maio terá que vir, por fin, a calor e o sol que acostuma a traer con ela a Primavera. Magoa que nas clases non sexa adecuado elexir posturas tan ergonómicas.

A moza do cadro de Sorolla, a que non durme, difícilmente estará a ler a Benjamín Prado, pero tal vez si estes versos fermosos que exaltan a estación da que nos corresponde disfrutar xa.