Amosando publicacións coa etiqueta MELLORES EXPEDIENTES USC. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MELLORES EXPEDIENTES USC. Amosar todas as publicacións

domingo, 2 de xullo de 2023

MELLORES EXPEDIENTES USC 2023

Sete alumnos do IES Francisco Aguiar, por ter obtido unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU, mereceron a consideración de Mellores Expedientes USC: 

Manuela Grela López, Sara Simoes Filgueiras, Jaime Carro Figueroa, Daniel Pérez Rey, Inés Ulloa Rilo, Roberto Gestal Sanmartín e Cristina Vázquez Varela. 

Manuela, procedente del IES de Viós, estudiará enfermería; Sara, que cursou ESO no CPI Castro Baxoi, Matemáticas; Jaime, ADE; Daniel, procedente do CPI Cruz do Sar, Biotecnoloxía; Inés, Enfermería; Roberto, Relaciones Internacionais e Economía; e Cristina, que cursou secundaria no CPI Virxe da Cela, Informática. 

Este é un premio ao esforzo dos alumnos e un motivo de satisfacción para as súas familias e para os docentes que lles impartiron clase tamén nas anteriores etapas ao bacharelato.

martes, 29 de xuño de 2021

MELLORES EXPEDIENTES USC


 MELLORES EXPEDIENTES USC 2021


Os alumnos de 2º BAC, Noa Codesido Centoria, Lucía Sánchez Cal, Nekane González Fontán, Manuel Sánchez Romano, Andrea Vázquez Naya, e José Varela García veñen de recibir o recoñecemento de Mellores Expedientes USC por vir de obter unha cualificación igual ou superior a 9 na parte obrigatoria da ABAU. 
 
Este é un premio ao esforzo dos alumnos e un motivo de satisfacción para as súas familias e, por que non decilo, para os docentes que lles impartiron clase tamén nas anteriores etapas ao bacharelato (Noa estudou a ESO no IES de Viós de Abegondo e Manuel no CPI Cruz do Sar de Bergondo).

Noa estudiará Comunicación Audivisual; Lucía, doble grao de Filoloxía Hispánica e Galego; Nekane dubida entre Biomedicina e Farmacia; Manuel, Matemáticas; Andrea, Química; e José, Medicina.

 
Parabéns para todos eles e o noso desexo de que consigan os mellores logros nos seus estudos universitarios que comezarán o próximo curso.

xoves, 23 de xullo de 2020

MELLORES EXPEDIENTES USC 2020




Nestes tempos de anomalías non pode causar estrañeza esta fotografía na que, con mascaras sobre o seu rostro, Mario Paz Alvariño,  Rosalía Suárez Sánchez, Antía Casanova Varela e Mencía Rey Pardo sosteñen a orla da súa promoción.

Eles hoxe deberían ter asistido ao Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de Centros de Ensino Medio de Galicia, un acto que tivo lugar este xoves, día 23 de xullo, ás 17:00 horas no Salón Nobre de Fonseca da USC. A este acto, presidido polo reitor da USC e contará coa presenza do alcalde de Santiago e da alcaldesa de Lugo, acompañados por unha representación do Equipo Reitoral e dos Decanos e Directores, só acudiron un grupo de 20 estudantes acompañados dos seus pais.

Antía, Mario, Mencía e Rosalía mereceron esa consideración de Mellores Expedientes da USC por ter acadado nas ABAU unha nota igual ou superior ao nove. 
Un mérito conseguido co moito esforzo persoal que representa o cumio do esforzo no que tamén participararon os seus outros 103 compañeiros (100 presentados a ABAU dos que 18 poden optar ao Premio Extraordinario de Bacharelato), cos que desexan pronto compartir vivencias máis felices.
Con saúde. Sen máscaras. Sen medos.