Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LETRAS GALEGAS. Amosar todas as publicacións

mércores, 25 de maio de 2022

SAFARI FOTOPOÉTICO

    O alumnado de 3º de ESO, dirixido polo seu profesor X.M. Rey Bao , realizou un safari fotográfico baseado nos poemas de Florencio Delgado Gurriarán, autor ao que se lle dedican este ano as Letras Galegas.

As fotografías xa enchen os corredores do instituto e con elas os versos de Florencio.



luns, 23 de maio de 2022

OBRADOIRO SOBRE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 Hoxe o alumnado de  1º e 2º  de ESO participou nunha sesión de contacontos ilustrado. A actividade, a cargo do colectivo   POLO CORREO DO VENTO , está baseada na súa publicación titulada De Valdeorras a México. Terra a Nosa! Pequena biografía de Florencio Delgado Gurriarán de Lela Edicións.

    Carlos Taboada e Enrique Mauricio explicaron a biografía do autor acompañando o seu ameno relato  con fermosas ilustracións . Remataron cun obradoiro de debuxo no que o alumnado fixo caricaturas de Florencio Delgado Gurriarán .










martes, 30 de novembro de 2021

FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

Florencio Delgado Gurriarán 


LIGAZÓNS CON INFORMACIÓN SOBRE O AUTOR:

·           Florencio Delgado Gurriarán na Páxina da Real Academia Galega

·           Florencio Delgado Gurriarán no Album de Galicia 

·           As letras de Florencio (web da iniciativa que reivindicou todos estes anos a homenaxe nas Letras Galegas a Florencio Delgado Gurriarán)

·           Florencio Delgado Gurriarán na  Biblioteca Virtual Galega (  inclúe textos  )

·           Florencio Delgado Gurriarán (artigo na Galipedia)

·           A poesía de tema sociolingüístico de Florencio Delgado Gurriarán, 2008 (texto de Séchu Sende no seu blog Made in Galiza)

·           Débora Álvarez: “Reivindicamos este ano ao Florencio Delgado Gurriarán máis combativo”, 2019 (entrevista en vídeo de Pilar G. Rego a Débora Álvarez no Zigzag Diario)

·           “Florencio Delgado chegaba cargado de literatura galega feita en México, publicacións moi importantes para os resistentes”, 2021 (entrevista escrita de Marcos Pérez Pena a Ricardo Gurriarán en Praza)

·           Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nun Día das Letras que recoñecerá o labor da intelectualidade galega no exilio, 2021 (noticia de Marcos Pérez Pena en Praza)

·           Florencio Delgado Gurriarán, o poeta de Valdeorras (publicación na páxina da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, inclúe un poema e vídeo)

·           Manuscrito: Florencio Delgado Gurriarán, 2015 (publicación de Ramón Nicolás no seu blog Caderno da crítica)

·           Pequena glosa sobre Florencio Delgado Gurriarán, 2018. (biografía e textos de Florencio Delgado no blog Letras para todo o sempre de Henrique Dacosta)

·           Unha lectura de Galicia infinda, de Florencio Delgado Gurriarán (texto de Miro Villar no seu blog Crebas)

·           As letras de Florencio Delgado Gurriarán viaxan desde a Valdeorras Infinda ( artigo do diario Nós )

·           Bebedeira  ( Entrada do blog " Os libros de Ánxel Casal")de Xabier Iglesias

·           Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán ( Blog do CEIP  Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras ) 

·           "O macrotexto poético en galego de Florencio Delgado  Gurriarán" ( por Miro Villar) 

 VÍDEOS:

·         Vídeo divulgativo de Héctor Cajaraville ( Editorial Xerais)

·          “Pandeirada” Interpretación do poema co mesmo título por Carlos García Casás.

Louvanza á toponima enxebre” poema do autor recitado por Lola Fernández.

·          “ O cantar dos topónimos” poema musicado e interpretado por Anxo Rey

·          Casorio” poema incluído no album FRONTEIRA DE CIGOÑAS  de Anxo Rey 

·          “ Un guerrilleiro ”  interpretado por Rober Fernández

·          Versión rock do «Romanzo da terra doente», de Xermán Son

·       

sábado, 16 de maio de 2020

O MEU RETO POLO GALEGO


O MEU RETO POLO GALEGO

Avanzar cara á normalización lingüística depende non só do labor institucional, senón que tamén é necesaria a actuación social e, sobre todo; INDIVIDUAL.
Como podemos contribuír á normalización da lingua?
Con pequenos retos. Marcámonos pequenos cambios nos usos da lingua, procurando instaurar novos hábitos que sexan a base a posibles cambios no futuro: empregalo nas miñas redes sociais, comezar a falalo cos meus amigos, coa miña familia, ...Buscamos sempre retos posibles, alcanzables, que non nos leven á frustración.
Pensa e comparte ese pequeno reto ao que estás disposto a enfrontarte pola normalización da lingua.

***


    Estiven pensando que podía facer eu pola lingua galega. Xa sei que a miña actitude persoal cara á lingua non vai cambiar soa a situación do galego, senón que todos debemos mentalizarnos en usalo máis a miúdo, todos os días, e en calquera situación: na casa, con nosos pais, pero tamén no instituto, cando empregamos o whatsapp cos nosos amigos, coa caixeira no súper...Isto é difícil. Custa moito cambiar as costumes dun día para outro. Pero hai que comezar xa.
   A forma máis fácil para comezar, e vai ser o que eu faga, será falar en galego na casa, con meus pais, cos que sempre falo en castelán. E cando poida ver á miña avoa, falareille tamén en galego. Ela fala galego. ( A ela pegábanlle na escola por falar o galego, díxome miña nai).
   Todos os días vemos na televisión as noticias na TVG e outros programas tamén. Con isto aprendo vocabulario novo, expresións galegas, tópicos galegos... e ata parece que resulta máis fácil falalo. Ata descubrín nas noticias do mediodía a unha periodista youtuber, Esther, coa súa sección #dígocho eu, que aclara dúbidas sobre o galego e fala de palabras de uso común mal empregadas, xeralmente por influencia do castelán, aínda que tamén moitas veces fai referencia ao portugués. Gústame moito o #dígocho eu. Moi curtiño e moi interesante!

ELISA CHARLÓN 4º B

***
Estou empezando a falar en galego na casa algúns días á semana, co paso do tempo intentarei que sexa máis a miúdo
PABLO FERREIRO 4ºB

Como xa che comentei na video-chamada do martes eu procurarei falar con todos os meus amigos en galego. Non e un reto nin dificil nin facil xa que a moioria do tempo falamos en castelan. Ademais non creo que me digan que non e coa axuda de Danie, vexo moi probable que poida cumplir o reto.

MIGUEL GABÍN 4ºA
***
Como reto propúxeme falar en galego un día da semana con toda a niña familia , nós nunca falamos en galego, entón pode ser un pouco difícil, tamén intento que ás miñas curmás pequeñas falenno comigo un rato algún días porque lles costa moito .
CARMEN MOSQUERA 4º B

***
Eu para realizar os retos comecei a falar cos meus familiares en galego. Ao comezo, quedaron sorprendidos porque normalmente non falo galego na casa, pero agora acostumáronse e falámolo normalmente. Mesmo cando chamo aos meus amigos, falamos nesa lingua. Tamén comecei a falar nas redes sociais en galego, para difundir o seu uso entre os meus seguidores. Espero que esta situación se faga máis normal e que a xente non se estrañe cando non se fala en castelán. 
LAURA PENAS CONDE 4ºB
***
O meu reto co galego será empregalo nas redes sociais e falalo coa familia.

ALANA JIMBI NAVARRO 4ºB
***
O meu modo de contribuír á normalización lingüística será falar só en galego durante 24 horas. Fareino o luns 11.  
SOFÍA VEIGA 4º B

***
O meu reto para contribuír á normalización da lingua galega consiste en utilizala nas redes sociais, coa familia e cós amigos durante dúas semanas seguidas polo menos. Se para alguén que fala sempre castelán pode resultar difícil, tamén é certo que se somos galegos podemos e debemos superar este reto. Vivir como galegos tamén implica empregar a nosa lingua.
ANA CALAZA 4ºB
***
Aparte de falar galego tanto nas redes sociais coma coa miña familia e amigos, o meu reto será ler e escoitar máis música en galego para que me sexa moito máis fácil acostumbrarme a falalo e ecoitalo. Tamén empezaré a ver a miudo a televisión de galicia. 
CLAUDIA NAVEIRA 4º C
***
Eu vou falar durante 1 semana enteira en galego, coa miña familia e cos amigos. 
ANXO FACHAL 4ºB

***
O galego é a lingua oficial en Galicia do mesmo xeito que o castelán, porén, durante séculos, o galego foi moi criticado e menosprezado. Na actualidade esta situación cambiou para mellor, pero séguese a ver como inferior, polo que vou contribuír á súa normalización facendo pequenos retos.
O meu primer propósito será falalo sobre todo na miña casa cos membros da miña familia e logo cos meus amigos. Un dos meus problemas neste reto é que a miña nai non sabe falar e non entende o galego o suficiente porque é de Venezuela. Outra dificultade vai ser acostumarse a conversar tanto en galego, xa que estou afeita a empregar sempre o castelán.
Máis tarde, comezarei a usalo especialmente nas miñas redes sociais e así tentar convencer á xente para que se una a esta loita. Neste punto, non creo que teña ningún tipo de obstáculo.
Despois empregareino no instituto. Primeiro en materias que xa aplican dita lingua e despois en todas as demais materias. Na miña opinión, creo que deberían poñer máis clases de galego porque a linguaxe que está en perigo de desaparecer é o galego e non o castelán, polo que creo que ese xesto axudaría moito.
E por último, tentarei frecuentalo en todo momento e con todos. E imaxino que estas pequenas metas poden facelas calquer individuo e que poden favorecer a lingua tan infravalorada.
PAULA MATO 4ºA
***
Estou disposta a empregar máis amiúdo o galego, non só na escola. Podo falarlle a os meus curmáns pequenos en galego para que así vaian acostumándose a oilo e o teñan como unha lingua tan importante coma o castelán.
CINTA MANTEIGA 4ºC
***

Na minha casa unicamente falo galego, polo que a min falar galego non me supón ningún reto. O lugar onde non falo o galego é cos meus amigos, polo que podería enfrentalo coma un reto, e falalo con eles máis a miúdo.
MIGUEL LEMA 4ºC

Imaxe. O Raposo

venres, 15 de maio de 2020

CANCIÓNS PARA UN CONFINAMENTO


De que vai isto? Un pirata informático colou un anuncio de Spotify nun centro de ensino público? Pois non. 
Hoxe compartimos, con ledicia,  a lista de cancións elaborada cooperativamente polos alumn@s de 4º de ESO do IES Francisco Aguiar.
Despois da selección, quedaron 236 cancións de música en galego. 
Esta ligazón lévamos a orbitar durante 6 horas e 25 minutos arredor dun Galiuniverso sonoro.

Parabéns ao alumnado e a Carmen Suárez!

luns, 21 de maio de 2018

HORA DE LER

HORA DE LER 

31ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Lemos na ilustración de Ina Hristova: «escribir porque está cerca».
Nós lemos aos que están cerca: os textos gañadores do VIII Concurso de Creación Literaria de Betanzos na categoría ESO: Mariña Erias Castro [IES As Mariñas] e Rosalía Chunlian Vázquez Álvarez [CPR Atocha].
Os nosos parabéns ás escritoras, familias... e profesoras!!!





mércores, 16 de maio de 2018

ELEXÍAS DE LUZ, María Victoria Moreno

MARÍA VICTORIA MORENO, Elexías de luz, Xerais, Vigo, 2006, 102 páxinas.

[PG MOR ele]


Eu quero darche as grazas, meu amado,
mais grazas e palabra torpe e fría
para cantar en luz esta elexía
ó tempo de arredarme do teu lado.

Canto chorei por ti... O noso fado
foi unha crua e pérfida ironía:
matou o xeo negro ó sol do día
e o chumbo ardente ó aire sosegado.

Por seres auga e luz na cega sede
eu quero darche as grazas... Mais lamento
non ser verba de amor, música pura,

nin pomba morna que a friaxe alede,
nin faísca de orballo, luz de vento.

...Só silencio que treme en noite escura.

luns, 14 de maio de 2018

HORA DE LER

HORA DE LER 


30ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Unha proposta de lectura imprescindible: unha selección de poemas de María Victoria Moreno. Tamén queda á disposición dos lectores máis poesía (Manuel María), e  para os lectores que elixan a prosa, un relato da poeta e narradora tamén lucense Luisa Castro.  



Ilustración: portada de
MARÍA VICTORIA MORENO, O amor e as palabras, Urco, Santiago, 2018.

luns, 15 de maio de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER

28ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Carlos Casares, na ilustración de Miguel Cuba, ten o xornal entre mans. A nós gústanos ler a Carlos Casares.

martes, 10 de maio de 2016

MANUEL MARÍA. VIDA, VERSOS E REBELDÍA, Manuel Veiga & Xosé Lastra

MANUEL VEIGA & XOSÉ LASTRA, Manuel María. Vida, versos e rebeldía, Xerais, Vigo, 136 páxinas.
[PG VEI man]


BANDO


Prohíbese, por orde da Alcaldía,
que medren porque sí
as rosas do xardín municipal.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
Prohíbeselle á lúa que anda tola
andar ceiba no ceo.
Que a lúa é unha tola que anda espida
e dando mal exemplo …

Están fora da Lei
a Primavera,
as flores e os carballos,
as estrelas, os peixes e os paxaros.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
Pagarán polos trabucos os poetas.
Prohíbese soñar …
Prohíbese tamén derramar bágoas.
e pódese chorar …
e pódese chorar cando hai sequía
pra que enchan os pantanos.

Dende agora as pombas teñen
que pedir licencia pra voar.
E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.

E un só se pode emocionar
os Xoves e os Domingos
cando toca, cando toca
a Banda do Concello
a Banda do Concello no quiosco.

Dase este bando en tal e cuale
pra que se cumpra de orde do Alcalde.
Firmado e rubricado.
Ilustración: Nuria Díaz

luns, 9 de maio de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER

29ª SEMANA [5ª SESIÓN]

Os libros como entes vivos...
Que boa metáfora a da imaxe de Nuria Díaz para á antoloxía dos versos de Manuel María!
Para os que prefiran a prosa, nesta semana queda un relato da poeta e narradora tamén lucense Luisa Castro.  

luns, 18 de maio de 2015

HORA DE LER

HORA DE LER

30ª SEMANA [6ª SESIÓN]

   De todas as fotos de Xosé Filgueira Valverde, quedámonos con esta que invita a ler os poemas galegos de Federico García Lorca ou esta escolma da excelente poesía de Manuel Álvarez Torneiro.

luns, 4 de maio de 2015

SAFARI FOTOPOÉTICO LETRAS GALEGAS 2015




   A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un Safari Fotopoético sumándose á homenaxe das Letras Galegas a Xosé Filgueira Valverde.

   Rexirase polas seguintes bases:

 Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  1. Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  2. O Safari Fotopoético dedenvolverase entre o 1 e o 15 de maio do presente ano 2015.
  3. As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos. 
  4. As imexes deben ilustrar algún verso ou idea das que acompañan a estas estas bases nesta pequena escolma poética.
  5. O texto do verso elexido debe aparecer integrado na propia imaxe.
  6. As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados  habitualmente en imaxe dixital (jepg, tiff...) en soporte pendrive ou CD na Biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com].
  7. O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  8. O Xurado estará presidido por un representante do Equipo Directivo, dous profesores/as (un membro do Equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Educación Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  9. Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:
  • 50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
  • 40% pola adaptación deo texto á imaxe elexida, e
  • 10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.

mércores, 21 de maio de 2014

NIMBOS, Xosé María Díaz Castro


XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, Nimbos, Galaxia, Vigo, 2010 (1961), 96 páxinas.


[PG DÍA nim]
 
Como ven sendo habitual, o Concello de Betanzos agasalla á nosa Biblioteca con tres exemplares de Nimbos.
 

 
 

venres, 16 de maio de 2014

NIMBOS, Xosé María Díaz Castro

XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, Nimbos, Galaxia, Vigo, 2006 (1961), 96 páxinas.

[PG DÍA nim]

TRASFIGURACIÓN
             
SINTO ás veces as horas nos meus ombros
e digo que me pesan coma un reino.
Eu penso no teu Reino que no é deste
mundo, i entón párcenme as miñas horas
alas, Xesús, i escuma sobre a mar.

martes, 13 de maio de 2014

SAFARI FOTOPOÉTICO LETRAS GALEGAS 2014



Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.
Xosé Mª Díaz Castro




A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un Safari Fotopoético sumándose á homenaxe das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro.


Rexirase polas seguintes bases:
  1. Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
  2. As datas nas que se realizará o Safari Fotopoético estarán comprendidas entre o 17 e o 25 de maio do presente ano 2014.
  3. O día 26 de maio será a data límite para o envío / entrega das fotopoesías.
  4. As fotogrfías deberán ser orixinais e tomadas preferentemente no Casco Antigo de Betanzos. 
  5. As fotografías deben ilustrar algún verso ou idea das que se axuntarán a estas bases nesta pequena escolma poética.
  6. O texto do verso elexido debe aparecer integardo na propia imaxe.
  7. As imaxes a concurso poderán entregarse en formato dixital (pendirve ou CD) na Biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com].
  8. O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
  9. O Xurado estará presidido por un representante do Equipo Directivo, dous profesores/as (un membro do Equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Educación Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
  10. Os premios entregaránse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:
  • 50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
  • 40% pola adaptación deo texto á imaxe elexida, e
  • 10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.