A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa
comunidade escolar a un Safari Fotopoético sumándose á homenaxe das
Letras Galegas a Xosé Filgueira Valverde.
Rexirase polas seguintes bases:
Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
- Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
- O Safari Fotopoético dedenvolverase entre o 1 e o 15 de maio do presente ano 2015.
- As fotografías deberán ser orixinais e, preferentemente, relacionadas con Betanzos, o seu casco histórico e os seus ríos.
- As imexes deben ilustrar algún verso ou idea das que acompañan a estas estas bases nesta pequena escolma poética.
- O texto do verso elexido debe aparecer integrado na propia imaxe.
- As imaxes a concurso poderán entregarse nun formato dos usados habitualmente en imaxe dixital (jepg, tiff...) en soporte pendrive ou CD na Biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com].
- O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
- O Xurado estará presidido por un representante do Equipo Directivo, dous profesores/as (un membro do Equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Educación Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
- Os premios entregaranse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:
- 50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
- 40% pola adaptación deo texto á imaxe elexida, e
- 10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario