mércores, 28 de novembro de 2018

martes, 27 de novembro de 2018

A CORUÑA. A CIDADE NA ARTE

A Coruña. A cidade na arte, Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Santiago de Compostela, 2016, 272 páxinas. 



luns, 26 de novembro de 2018

HORA DE LER


 HORA DE LER

9ª SEMANA [3ª SESIÓN]


Tempo de choivas...
Babuña, babuxa, barbaña, barbuza, barrallo, barrufa, barruñeira, barruzo, borralla, breca, chuvisca, chuviscada, chuviñada, froallo, lapiñeira, marmaña, orballo, parruma, parrumada, patiñeira, patumeira, poalla, poallada, poalleira, poallo, zarzallo.
Arroiada, ballón, basto, bátega, bategada, cebra, cebrina, chaparrada, chuvascada, chuvasco, chuvieira, cifra, ciobra, dioivo, treixada, xistra, zarracina…
Treboada, torboada, torbón, trebón.
Borraxeira, borraxoia, brétema, cegoña, fuscallo, néboa, neboeiro, nebra, zarrazina.

Ata nos libros de Miguel-Anxo Murado ou Elisa R.V. García agroman auganeve, cebrina, cebrisca, escarabana, nevada, nevarada, nevareira, nevarío, nevisca, nevarisca, pedrazo, salabreada, sarabiada, torba.

Nalgún momento terá que comezar a amizar, delampar, escambrar, escampar, estear, estiñar, estrelampar. 

Ilustración: Cheong Tuck Wai 

luns, 19 de novembro de 2018

luns, 12 de novembro de 2018

HORA DE LER

HORA DE LER

7ª SEMANA [1ª SESIÓN]

As mulleres que len son perigosas... Ese é o título dun libro do que dispoñemos na nosa biblioteca: STEFAN BOLLMANN, Las mujeres que leen son peligrosas, Maeva, Madrid, 2006. Na súa portada leva este fermoso cadro de Vittorio Matteo Corcos co que poñemos unha nota de cor neste #Novembro en negro, #Betanzos en negro, #Aguiar en negro...

As nosas alumnas e os nosos alumnos desexarían pensar un mundo no que as historias sobre as que escriben estas microrrelatistas colombianas e Paula Carballeira fosen arqueoloxía do pasado, dun terrible pasado...

martes, 6 de novembro de 2018

ME LLAMO LUCY BURTON, Elisabeth Strout

ELISABETH STROUT, Me llamo Lucy Burton, Duomo, Barcelona, 2016, 224 páxinas.

**********

O próximo luns 12 de novembro reunirase na Libraría Biblos ás 19 horas o Club de Lectura Biblos Aguiar para falar sobre todas as historias insignificantes que compoñen a vida tan dolorosamente significativa de Lucy Burton.

No mes de decembro, o venres 14, tamén ás 19 horas, celebraremos a oportunidade de falar con Arantza Portabales sobre certas mulleres que teñen o desexo de falar despois do pitido do sinal dun contestador que non atende ás respostas.


ARANTZA PORTABALES, Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Galaxia, Vigo, 2018, 324 páxinas.


luns, 5 de novembro de 2018

HORA DE LER

HORA DE LER 

6ª SEMANA [6ª SESIÓN]

Pois estas cariñas de medo agromarán nos nenos e nenas que lean esta selección de microrrelatos de terror e algún conto no que un morto ben arrepentido non para de falar!

Ilustración: Felice Casorati