SINTO ás veces as horas nos meus ombros
e digo que me pesan coma un reino.
Eu penso no teu Reino que no é deste
mundo, i entón párcenme as miñas horas
alas, Xesús, i escuma sobre a mar.
A Biblioteca do IES Francisco Aguiar de Betanzos convoca a súa comunidade escolar a un Safari Fotopoético sumándose á homenaxe das Letras Galegas a Xosé María Díaz Castro.
Rexirase polas seguintes bases:
Poden participar todos os alumnos e alumnas do IES Francisco Aguiar. Ábrese igualmente a toda comunidade escolar que desexe participar, nais-pais, persoal docente e non docente, ex-alumnos e ex-alumnas.
As datas nas que se realizará o Safari Fotopoético estarán comprendidas entre o 17 e o 25 de maio do presente ano 2014.
O día 26 de maio será a data límite para o envío / entrega das fotopoesías.
As fotogrfías deberán ser orixinais e tomadas preferentemente no Casco Antigo de Betanzos.
O texto do verso elexido debe aparecer integardo na propia imaxe.
As imaxes a concurso poderán entregarse en formato dixital (pendirve ou CD) na Biblioteca do IES Francisco Aguiar, ou ben enviarse ao correo electrónico da Biblioteca [bibliofranciscoaguiar@gmail.com].
O premio consistirá nunha camiseta coa impresión da imaxe gañadora.
O Xurado estará presidido por un representante do Equipo Directivo, dous profesores/as (un membro do Equipo da Biblioteca, e outro membro dos Departamentos de Lingua Galega ou Educación Plástica) e un alumno/a (designado pola Xunta de Delegados).
Os premios entregaránse avaliando os traballos presentados, segundo os seguintes criterios:
50% pola calidade e orixinalidade da imaxe,
40% pola adaptación deo texto á imaxe elexida, e
10% polo enxeño e creatividade na inserción do texto.