Amosando publicacións coa etiqueta LEO LIONNI. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LEO LIONNI. Amosar todas as publicacións

xoves, 20 de marzo de 2014

FREDERICK, Leo Lionni

 

LEO LIONNI, Frederick, Kalandraka, Pontevedra, 2004, 30 páxinas.


**********

Non é hoxe: mañá, 21 de marzo é o Día Mundial da Poesía. Un día ben escollido: para nós, o equinoccio de primavera.
Entón, a que ven este libro ilustrado de Leo Leonni? Pois, a verdade, non hai mellor modo de xustificar a cultivo da palabra, que esta historia de ratiños, na que Frederick ten reservado un papel ben simbólico. Cando chegou o inverno, "metres Frederick lles falaba do sol, os catro ratiños foron sentido a súa calor. Sería a voz de Frederick? Era maxia?".

Falar da poesía é falar do poder das palabras. É moi difícil facer comprender a quen non quere comprender que, os homes, somos outra cousa ben distinta, se renunciamos ás palabras.

É que ven sendo a poesía?: O renacer da vida que chega ca primavera? Mentras non atopamos á nosa resposta, podemos acudir ás palabras dos outros... Por exemplo, as que escolle Yevgeni Yevtushenko para comunicar a súa verdade compartida: a poesía axuda a educar a nosa mirada, a afinar a nosa sensibilidade na comprensión do mundo. Para algúns, será ben pouco... Para nós é un obxectivo moral. Por iso reproducimos as verbas "máxicas" coas que a poesía nos axuda a erguernos día a día coa mirada limpa:

"Porque aquel en cuxa alma viva Lorca, asasinado pola intolerancia, el mesmo nunca será intolerante. Aquel en cuxa alma viva Pasternak, asfixiado polos burócratas, el mesmo nunca será burócrata, e mentres que no mundo exista, aínda que sexa só unha nai que cante ao seu fillo unha canción de berce, a poesía non morrerá á delicadeza da comprensión da vida".
Yevgeni Yevtishenko