Amosando publicacións coa etiqueta ROALD DAHL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ROALD DAHL. Amosar todas as publicacións

luns, 27 de febreiro de 2023

HORA DE LER


Nesta semana, os editores británicos de Roald Dalh anunciaban que cedían ás presións dos autoproclamados ben pensantes. Por iso, proximamente haberá dúas edicións dos libros deste magnífico autor satírico: a orixinal e outra na que desaparecerán as referencias ao xénero, apariencia ou peso dos personaxes. En fin...

Aínda que estas polémicas non deixan de ser un disparate cíclico, o fenómeno de necedade maiúscula é un moi precupante síntoma destes tempos nos que, os que deberían defender as súas teses nun debate intelectual sereno e produtivo, elixen constituírse en grupos de presión para exercer o seu poder mediante a imposición da censura.

Entre a censura e a liberdade, eleximos ler os poemas de Lucía Durán Paredes ou os irreverentes relatos de Roald Dalh e James Finn Gardner.

luns, 14 de febreiro de 2022

HORA DE LER


19ª Semana 

[1ª Sesión]

 Mirando por enriba do ombreiro para saber cal é a escolla: Ernest Hemingway ou Roal Dahl?

 

xoves, 27 de marzo de 2014

CHARLIE Y LA FÁBRICA DE CHOCOLATE, Roald Dahl


ROALD DAHL, Charlie y la fábrica de chocolate, Alfaguara, Madrid, 2007, 199 páxinas.

 [NUC DAH cha]

Xa temos a novela de Roald Dahl... Mesmo pode ser unha novela para Ollos nos libros. Non preguntedes pola película, porque aínda non a temos.


xoves, 12 de decembro de 2013

CHARLIE Y LA FÁBRICA DE CHOCOLATE, Roald Dahl

ROALD DAHL, Charlie y la fábrica de chocolate, Alfaguara, Madrid, 2007, 199 páxinas.

**********
   Quousque tandem abutere, Catilina, patientia nostra?
  Onde Cicerón dicía Catilina, vós poñede crisis econónica e veredes que ven cadra o asunto da desesperación. Queremos pensar que moi cedo poderemos poñer un sonriso amable ao alumno de primeiro da ESO que pediu esta novela. E, ao mellor, mesmo engadimos un anaco de título, con o sen pan.