Amosando publicacións coa etiqueta FRAN ALONSO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FRAN ALONSO. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de xuño de 2022

HORA DE LER


Chegamos cansos ao final do camiño, por iso convén atopar momentos de reparación da man das lecturas: unha antoloxía de microrrelatos e unha historia de Fran Alonso.

mércores, 13 de outubro de 2021

HORA DE LER

3ª SEMANA

[3ª SESIÓN]

Ler, non cabe a dúbida, e unha actividade perigosa. 

Mesmo permite modificar o noso punto de vista sobre as cousas!

Os que esqueceran levar o libro poden coñecer no fermoso relato de Etgar Keret a exemplar historia de Yoavi, ou constatar no relato de Fran Alonso que torres máis altas caeron. 

mércores, 15 de novembro de 2017

TERRAZA, Fran Alonso

FRAN ALONSO, Terraza, Xerais. Vigo, 2017, 78 páxinas.

[PG ALO ter]


Cinco adolescentes sentadas
nunha mesa moven os dedos
sobre os móbiles
coma se movesen os fíos
das súas vidas.
Se cadra, a vida e para elas
unha tecla que se pulsa
cun tempo
de permanencia, que
rescinde -aínda que
lles pareza indefinido-,
mentres os gatos desta rúa
lles lamben as mans, infatigables.
Con cada dedo pulsan en voz alta
esa alegría inconsciente,
tan contaxiosa,
daqueles que están a espertar
a unha vida
que os atorda.
A adolescencia debe ser,
en realidade,
unha mensaxe equivocada e
sen destinatario
do futuro que está por vir.
E nunca o porvir foi tan incerto
coma cando pulsas ás cegas
unha tecla tras outra, sen que
a idade che permita
atender demasiado ás teclas
que pulsas.
Apenas falan. Só comentan
as contestacións
do WhatsApp ou un fío parvo
das redes sociais que as fai rir.
Será por iso polo que,
no fondo,
me dan envexa.
Como molaría agora renovar
a vida pulsando algunhas
desas teclas sen destino!

luns, 6 de outubro de 2014

HORA DE LER


1ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Retomamos a actividade Hora de ler nos grupos da ESO.
Todos os días desta semana, durante os quince primeiros minutos da primeira sesión de clase, os alumnos estarán a ler os libros que xa escolleron na Biblioteca ou ben os que elixiron previamente para estes instantes de lectura pracenteira.
Os que esqueceran levar o libro poden coñecer no fermoso relato de Etgar Keret a exemplar historia de Yoavi, ou constatar no relato de Fran Alonso que torres máis altas caeron.

E nós, aínda permanecemos aquí, disfrutando do risco.

mércores, 20 de novembro de 2013

MINI-RELATOS, Fran Alonso


 FRAN ALONSO, Mini-relatos, Cartabón, Vigo, 1999, 72 páxinas.

[NG REL] 

**********
Fran Alonso é o responsable desta edición non venal da viguesa Librería Cartabón. Cada minirrelato vai acompañado dunha fotografía de Manuel G. Vicente.
 **********
ESE DÍA

Coma unha tola. Estou todo o mes esperando ese día coma unha tola. Cando chega, por fin, síntome libre. Para min, non hai maior pracer que ese día tan especial. E cando chega é coma se o mundo enteiro fose meu. Sinto que me converto nunha gaivota, nun falcón, nunha aguia, na raíña de todos os ecos. Por fin podo correr, saltar, berrar, bailar, nadar, mercar flores, irme de cámping, xogar ao baloncesto, montar a cabalo, voar en parapente, saltar en ala delta, facer rafting nos ríos... por fin podo experimentar o sabor da liberdade, podo facer o que me praza, podo subir un outeiro e baixar unha montaña, faltar ao traballo, parar o tráfico no medio da rúa, rachar os farois dos parques, queimar as papeleiras, darlles mil patadas aos cans, romper os cristais das ventás a pedradas, destrozar os mobles da casa, esnaquizar a vaixela contra o chan, fender o televisor co rabo duriha vasoira, esfregarme espida contra os anacos da louza e os vidros ata cortarme unha e mil veces, sangrar libremente e sen pudor a través de cada poro da miña pel e, logo, absorver o sangue dos meus peitos coas compresas ultrafinas. Ese día en que me chega a regra.
María Baredo