luns, 16 de decembro de 2019

CALENDARIO AGUIAR 2020





CALENDARIO AGUIAR 2020.

Xa está á venda o Calendario 2020 ao prezo de 5 euros.
O primeiro punto de venda é a secretaría do IES Francisco Aguiar.
Próximamente poderá ser mercado nos comercios de ACEBE.
Esperamos poder esgotar pronto esta primeira edición, porque, todos os fondos que resulten da venda deste Calendario serán entregados, a través da Iniciativa Noel a CRIS: Cancer Research Innovation Spain.


HORA DE LER

HORA DE LER 

12ª SEMANA [6ª SESIÓN] 


Aínda que os nosos alumnos e alumnas non son tan cativos como estes, cabe esperar que se deixen levar da man de Paul Auster e Hans Christian Andersen ata á última semana do 2019. 
 
O certo é que xa está moi perto ese tempo de feliz descanso e reparación que, por moito que algún se resista,
nos devolve, con tenrura, á infancia!

Ilustración: autor descoñecido

luns, 9 de decembro de 2019

HORA DE LER


HORA DE LER

11ª SEMANA [5ª SESIÓN]

«Un libro é un paxaro com máis de ás para voar». Quint Buchholz parece interpretar coa súa ilustración a greguería (ou aforismo lúdico) de Ramón Gómez de la Serna.
Os nosos alumnos pódense sentir libres amarrando as páxinas das suxestións de lectura para esta semana: os relatos de Berta Dávila e Samanta Schweblin.

sábado, 7 de decembro de 2019

CALENDARIO AGUIAR 2020

Xa está na imprenta o Calendario Aguiar 2020.
Cando comezou o curso 2019-2020 o Equipo da Biblioteca desexou engadir ás súas boas prácticas a elaboración dun calendario composto por ilustracións (con textos alusivos) do seu felizmente creativo alumnado.
En outubro apareceron publicadas as bases do concurso neste blog e na web.  
O Equipo da Biblioteca, os profesores de linguas, e, en particular, os de Educación Plástica e Visual (Marta Penalonga e Xosé Manuel Rey Bao), fomentaron  a participación dos alumnos. A selección dos traballos elexidos foi, como ven sendo de cotío, dificultosa, pois para algún dos meses do ano poderíamos ter premiados varios dos debuxos.
Unha vez composto o traballo tocaba buscar un patrocinador para costear os gastos da impresión.
Corresponde agradecerlle ao alumnado o seu entusiasmo e creatividade; a todos os profesores do Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, aos de Educación Plástica e Visual (Marta Penalonga e Xosé Manuel Rey Bao), o xeneroso estímulo e a súa profesionalidade; a ACEBE, a inmediata disposición a participar na distribución do calendario na súa rede de comercios; a Carmen Miragaya, o excepcional traballo de maquetación —nun tempo récord—. 
A entidade que sufraga silenciosamente a impresión merece todo o noso ruidoso agradecemento.
Todos os fondos que resulten da venda deste Calendario serán entregados, a través da Iniciativa Noel [neste momento a 18.500 dos 330.000 euros necesarios] a CRIS: Cancer Research Innovation Spain.
 
Entre os nosos motivos de satisfacción, todos nosos alumnos, e, entre eles: Pablo Gilsanz, Lía Janeiro, Noel Balsa, Inés Fraga e Judith Otero [primeira fila], Matilda Silva, María Lata, Inés López, Claudia Pérez, Sara Sánchez e Andrea Segade [primeira fila].
 Sara Sánchez Negoitia

Nuria Beiro Doldán

luns, 2 de decembro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

10ª SEMANA [4ª SESIÓN]

Aínda que os nosos lectores non manteñan a seriedade dos debuxados por Jimmy Liao, si poderán ter entre as mans (e ler con toda a atención) os relatos de Marica Campo e Vicente Gallego.