MIGUELANXO PRADO, O pacto de legargo, Retranca, Pontevedra, 2020, 104 páxinas.
Amosando publicacións coa etiqueta MIGUELANXO PRADO b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MIGUELANXO PRADO b>. Amosar todas as publicacións
martes, 19 de xaneiro de 2021
venres, 25 de maio de 2018
PRESAS FÁCILES, Miguelanxo Prado
Unha moi proveitosa tarde a que nos permitiu escoitar, da voz do propio autor, as motivacións que levaron a Miguelanxo Prado a crear Presas fáciles.
Nós disfrutamos da lectura de máis de dous anos dun traballo que esixiu documentación (perfecto o respeto á verosimilitude) e invención.
É certo que Presas fáciles responde ás estratexias de composición do xénero policial, pero, nesta novela gráfica, o lector atopa un análisis socio-político da súa contemporaneidade, e, por iso, mesmo pode ser considerada unha obra de realismo social e denuncia política.
Unha historia sobre a vinganza como exercicio de reparación.
Despois de ter lido, no 2017 El arte de volar (Antonio Altarriba & Kim), e no 2018, Presas fáciles, queda reiterado o desexo de repetir a experiencia no próximo curso.
xoves, 24 de maio de 2018
ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA BIBLOS AGUIAR CON MIGUELANXO PRADO
MIGUELANXO PRADO, Presas fáciles, El Patito Editorial, Santiago, 2016, 86 páxinas.
Mañá venres 25 o Club de Lectores Biblos Aguiar remata o seu curso 2017/2018.
Comezamos a ler a novela de William Maxwell, Vinieron como golondrinas; despois Morir en primavera de Ralp Rothmann, e mesmo coindimos con outros moitos Clubs de lectura na elección de El cuento de la criada, de Margaret Atwood.
Tivemos a sorte de conversar con Eli Ríos (Luns), Sergio del Molino (La mirada de los peces) e Marcos Calveiro (O xardineiro dos ingleses).
E esa tarde promete outro tanto o encontro con Migueanxo Prado.

xoves, 20 de febreiro de 2014
QUEN CASA TEN DE SEU, Varios Autores
VARIOS AUTORES, Quen casa ten de seu, Fundación Rosalía de Castro, Padrón, 2009, 46 páxinas.
[ NG QUE ]
Este libro subtitulado Cinco contos na casa de Rosalía contén cinco relatos ilustrados. Marilar Aleixandre e David Pintor; Fina Casalderrey e Ramón Marcos; Helena Villar Janeiro e Iván Suárez; Miro Villar e Fausto; e Xosé A. Neira Cruz e Miguelanxo Prado fan parella; deste último reproducimos un dos magníficos debuxos que fai compaña o conto de Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro, suxestión de lectura desta semana.
mércores, 13 de novembro de 2013
ARDALÉN, Miguelanxo Prado
MIGUELANXO PRADO, Ardalén, El Patito Editorial, Santiago, 2012, 256 páxinas.
[COM PRA ard]
**********
Temos a sorte de poder presumir de ter moi perto de nós a Miguelanxo Prado, Premio Nacional de Cómic. Poderíamos destacar que é un home próximo que non ten problema en atopar un oco na súa complexa axenda para compartir cos docentes a súa sabedoría de narrador visual. Hoxe, o máis indicado é celebrar simplemente ao xenial artista.
**********
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)