Amosando publicacións coa etiqueta FÁBULAS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta FÁBULAS. Amosar todas as publicacións

luns, 13 de xaneiro de 2020

HORA DE LER

HORA DE LER 

14ª SEMANA [2ª SESIÓN] 

Na tarde de hoxe luns, día no que o Club de Lectura Biblos Aguiar falará con Arantza Portabales sobre a súa novela Beleza vermella, quedan como proposta de lectura unha antoloxía dos seus relatos, textos preferentemente curtos, e unhas fábulas de Esopo.

venres, 17 de xaneiro de 2014

FÁBULAS DE ESOPO, Esopo

ESOPO, Fábulas de Esopo, Clásicos Xuntanza, Laracha, 1999, 384 páxinas.


 **********
Sirva esta traducción de Xoan Carlos Domínguez para anunciar que próximamente os libros de Latín e Grego terán acomodo nas novas estanterías da Biblioteca. 
 **********

O  ESPANTALLO  E  A  CEGOA


   Un espantallo, que estendera unhas redes para grous, agardaba de lonxe, inquedo, a súa caza. Unha cegoña pousou onda os grous. O espantallo correu e apresouna con aqueles. A cegoña pediulle que a ceibase ategando que non so non era prexudicial para os homes, senón que, pola contra, era mol útil, porque ao cazar cobras e outros reptiles matábaos. O espantallo díxolle: "Pois se de verdade non es má, mereces un castigo por te pousares con quen a é.
   Asi, tamén nos debemos rexeitar a compaña dos maos para non ser tomados como complices da súa maldade.