Amosando publicacións coa etiqueta ROSALÍA DE CASTRO. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ROSALÍA DE CASTRO. Amosar todas as publicacións

luns, 21 de febreiro de 2022

luns, 2 de marzo de 2020

HORA DE LER


HORA DE LER

21ª SEMANA 
 
[3ª SESIÓN]


Na fotografía de Estrella Valencia están a ler o libro Tsunami. Miradas feministas. [Sexto Piso, Madrid, 2019], Pilar Adón, Nuria Barrios, Cristina Fallarás, Laura Freixas, Sara Mesa, Cristina Morales, Edurne Portela, María Sánchez, Clara Usón e Flavita Banana.

Estas son as suxestións para esta semana: unha antoloxía de poesía femenina contemporánea e unha selección de poemas de Rosalía de Castro e os relatos de Katherine Mansfield ou Sara Mesa que escriben reflectindo a incomodidade de vivir.

luns, 25 de febreiro de 2019

HORA DE LER

HORA DE LER

20ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Hoxe 24 de febreiro, no día de Rosalía, a superheroína que debuxou Xiana Iglesias, propón unha unha escolma dos seus poemas e o relato de Xosé Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro.


  

Esta segunda imaxe está tomada do cartaz da AELG.

luns, 19 de febreiro de 2018

HORA DE LER

HORA DE LER 

19ª SEMANA [1ª SESIÓN]

As palabras floridas de Álvaro Cunqueiro e a Rosalía semellan anunciar que xa se ven achegando a primavera.

Ilustración: Alicemoi

mércores, 26 de febreiro de 2014

MIÑA CASIÑA, MEU LAR, Rosalía de Castro

ROSALÍA DE CASTRO, Miña casiña, meu lar, Tambre, Vigo, 2012, 142 páxinas. Ilustracións de Jacobo Muñiz.

[PG CAS miñ]

Cando era tempo de inverno,
pensaba en donde estarías,
cando era tempo de sol,
pensaba en donde andarías,
¡Agora... tan soio penso,
meu Ben, si me olvidarías!



Amancio Prada canta Cando era tempo de inverno.

xoves, 20 de febreiro de 2014

QUEN CASA TEN DE SEU, Varios Autores

VARIOS AUTORES,  Quen casa ten de seu, Fundación Rosalía de Castro, Padrón, 2009, 46 páxinas.

[ NG QUE ]

Este libro subtitulado Cinco contos na casa de Rosalía contén cinco relatos ilustrados. Marilar Aleixandre e David Pintor; Fina Casalderrey e Ramón Marcos; Helena Villar Janeiro e Iván Suárez; Miro Villar e Fausto; e Xosé A. Neira Cruz e Miguelanxo Prado fan parella; deste último reproducimos un dos magníficos debuxos que fai compaña o conto de Neira Cruz, A verdadeira historia dun dente de Rosalía de Castro, suxestión de lectura desta semana.