Amosando publicacións coa etiqueta ALBERTO MORAVIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ALBERTO MORAVIA. Amosar todas as publicacións

xoves, 18 de febreiro de 2021

luns, 24 de marzo de 2014

HORA DE LER


21ª SEMANA [5ª SESIÓN]

   Nesta semana de avaliacións, algúns xa non saben que facer para estar cómodos...

   Nós insistimos en atopar a postura idónea, como fai o lector da ilustración de Bruno Munari, autor tamén (xunto con Enrica Agostinelli) dunha das suxestións de lectura desta semana: Carrapuchiña Branca.
 
   A outra proposta, menos lúdica, é a lectura dun relato do magnífico libro de contos publicado por Errata Naturae, Huellas, de Ida Fink, unha muller que aos vinte años foi internada no campo de concentración da súa cidade natal, Zbaraz.  


luns, 11 de novembro de 2013

HORA DE LER



4ª SEMANA [4ª SESIÓN]

***

Ben certo é que nas nosas aulas non temos un ambiente tan íntimo como o que disfruta a muller do cadro de Matisse. Aínda así, seguemos a ler os libros que levamos a clase ou ben estas propostas: unha escolma da excelente poesía do admirado Manuel Álvarez Torneiro ou ben os prosaísmos da relación amorosa entre un tontorolo machista e unha ben lista Matilde.