Amosando publicacións coa etiqueta COVID-19. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta COVID-19. Amosar todas as publicacións

venres, 20 de novembro de 2020

PANDEMIAS, Tomek Zarnecki & Gosia Kulik


TOMEK ŻARNECKI & GOSIA KULIK, Pandemias, Thule Ediciones, Barcelona, 96 páxinas. 

 ***

Este é un libro ilustrado aproxima ao lector a historia das pandemias que asolaron á humanidade: un libro informativo moi necesario para comprender o noso pasado e, polo tanto, para poder albiscar o noso futuro.




 


 

 

martes, 13 de outubro de 2020

O ALUMNADO DE 1º DE ESO CONTRA A COVID

Na páxina web do IES levan tempo colgados o Plan de Adaptación á situación COVID-19 e o Plan de Continxencia, pero que ben explican as rapazas e rapaces de 1º de ESO as rutinas que permiten convivir nun instituto máis seguro.

Parabéns ao traballo da rapazada e da súa profesora Belén Iglesias!
 

luns, 16 de marzo de 2020

COVID-19

   
   O claustro de profesores, con esta publicación, cumple coa sexta medida publicada na web da Consellería de Educación o xoves 12 de marzo de 2020 ás 19:39 horas. 


   Mediante as ligazóns ás distintas ferramentas (aula virtual, Edmodo, blogs, google drive…) e as indicacións expresas dos profesores, o alumnado que dispoña de boa conexión á rede e de dispositivos tecnolóxicos (ou non esquecera os libros de texto no IES ou non tivera aún mercado ou retirado da biblioteca os libros de lectura), poderá procurar manter a desexable disciplina de estudio —seguindo, por exemplo, o horario diario de clase— para non desconectar da actividade lectiva.
   Lamentablemente, sabemos que, por motivos diversos, non se cumpren en todos os casos os devanditos requisitos; tamén o saben (ou deberían sabelo) as autoridades educativas, por iso suliñan que estas «actividades xenéricas [...] «non terán carácter de avaliables», suliñado que remarcamos para a tranquilidade das familias. 

 O equipo directivo