Amosando publicacións coa etiqueta INTRAHISTORIA DA BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta INTRAHISTORIA DA BIBLIOTECA. Amosar todas as publicacións

venres, 30 de xullo de 2021

ESTA NON É MANEIRA... Nieves Calviño Santiso

Durante máis de trinta anos, Nieves Calviño Santiso acudiu á oficina do Aguiar co sorriso de quen chega cedo ao comezo dunha festa. Atendeu con boa disposición, amabilidade, cordialidade e vocación de servicio ás familias e alumnado. Nalgunhas ocasións, lidiou cos profesores con elegancia, poderío e, en todas as circunstancias, renunciando, con moita discreción, ao emprego do estoque.

Hoxe venres 30 de xullo veu traballar por última vez e, sendo un día non lectivo, non puido recibir as merecidas mostras de afecto de todos os compañeiros, dado que para moitos será unha sorpresa coñecer esta noticia.

Poderíamos decirlle como Leonard Cohen: Hey, That's No Way to Say Goodbye, pero Nieves non marchará nunca do noso IES. 
Deixa latexando nos nosos corazóns o pouso da súa alegría de vivir e a súa bonhomía!

venres, 16 de abril de 2021

BETANZOS 800 ANOS NOS ENCONTROS PLAMBE 2020-2021



Mañá venres 16 de abril, a nosa compañeira Carmen Suárez participará nos Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares 2020-2021 relatando a experiencia docente Betanzos 800 anos, merecedora do premio VI Concurso de Traballos por Proxectos

A nosa gratitute a todo o alumnado e profesororado que participou, con tanto entusiasmo, nese traballo e a Carmen por condensar no seu momento esa historia para a revista EDUGA (en colaboracion con Julián e Chus) e hoxe por verbalizala ante tantos compañeiros como exemplo de boas prácticas docentes.



xoves, 27 de outubro de 2016

martes, 25 de outubro de 2016

TARDES DOS XOVES: BIBLIOTECA ABERTA

Desde mediados de outubro a Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez ten abertas as súas portas. Cúmprese así o desexo do Equipo da Biblioteca de permitir ao alumnado acceder a un espazo para a consulta ou mesmo a reunión para elaborar traballos ou simplemente un lugar onde atopar a concentración necesaria para o estudio.

Temos moito que agradecerlle (sempre) a Óscar García Ramos; neste caso, por facilitar a apertura da Biblioteca facendo coincidir dúas das súas paixóns: os libros e o xadrez. 

Grazas, Óscar!!!!

xoves, 20 de outubro de 2016

COLABORADORES 01

 
 
Cola diante do mostrador durante o recreo da ESO. Atende o servicio de préstamos e devolucións Nuria Torregrosa.

Temos, os que formamos parte do Equipo da Biblioteca, moito que agradecerlle á entrega destes alumnos que desde o curso pasado colaboran activamente con nós. Eles fannos revivir co seu entusiasmo!

martes, 19 de abril de 2016

DESPOIS DE MOITOS ANOS DE ESFORZO, NESTE SEGUNDO ANO DE PLAMBE...

 








...así luce a nosa Biblioteca, coa nova cartelería, estores novos, expositor de revistas, equipos informáticos, novas mesas e cadeiras... E por enriba de todo iso, o intacto entusiasmo antiguo de todos os que formamos parte desta comunidade educativa.

venres, 21 de febreiro de 2014

¿SUEÑAN LOS ANDROIDES CON OVEJAS ELÉCTRICAS?, Philip K. Dick

 
PHILIP K. DICK, ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, Círculo de Lectores, Barcelona, 1991, 222 páxinas.
[NUC DIC sue]

   No noso capítulo de defectos non comparecen nin a ingratitude nin a soberbia. Seguro que teremos outros... 
   Esto ven a conto para subraiar o feito de que a repercusión pública que pode obter Alto Risco, a web do Instituto ou as páxina do Facebook pode facer pensar a alguén que agora sí hai movemento arredor da Biblioteca do IES Francisco Aguiar. 
   Pois ven, o adverbio agora cambiádeo polo abverbio sempre. Dende a lo menos o ano 2004, un grupo de profesores levamos traballando na procura da consolidación da Biblioteca como centro de xeración de sinerxias culturais e educativas do Instituto. 
   Sirva esta rememoración para sinalar que aínda estamos no centro algúns dos primeiros que adiantamos o paso (Xosé Luis Tato Bonome, Óscar García, Elvira Castro, Carmen Casillas e tantos outros); pero tamén temos que destacar, entre os de outros, o pulo e interés de Sonsoles González, Concha Delgado ou Concha Castro, profesoras que agora, lamentablemente, non traballan con nós diariamente. 
   Dunha daquelas actuacións conservamos o exemplar da novela que referenciamos hoxe. Que como chegou aos andeis da Biblioteca? 
   Trasladouse à Comunidade Escolar a participación nun Intercambio de Libros. Cada quen deixaba nunha caixa o exemplar que xa tiña lido e, en correspondencia, collía outro. A novela ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, naquel momento estaba descatalogada. Así sumouse aos nosos fondos. 
   Despois viñeron máis intervencións: o empeño de crear unha sección de Comicteca, capitaneado por Uxía López Meirama, a configuración do Blogue Alto Risco deseñado íntegramente por Xosé Luis Mosquera Camba e María Luisa Muiño, a feliz proposta de Hora de Lectura do Dinamizador Julián Ferrer... 
   Haberá tempo para outras historias. Bastará con retirar un exemplar da estantería, e zas...!!!!
   Será polas ganas de mollar, a media mañá, unha madalena no te da lembranza!
   En calquera caso, unha boa mostra de que somos humanos ou ben Nexus 6 de última xeración: temos recordos, temos sentimentos...