venres, 21 de febreiro de 2014

¿SUEÑAN LOS ANDROIDES CON OVEJAS ELÉCTRICAS?, Philip K. Dick

 
PHILIP K. DICK, ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, Círculo de Lectores, Barcelona, 1991, 222 páxinas.
[NUC DIC sue]

   No noso capítulo de defectos non comparecen nin a ingratitude nin a soberbia. Seguro que teremos outros... 
   Esto ven a conto para subraiar o feito de que a repercusión pública que pode obter Alto Risco, a web do Instituto ou as páxina do Facebook pode facer pensar a alguén que agora sí hai movemento arredor da Biblioteca do IES Francisco Aguiar. 
   Pois ven, o adverbio agora cambiádeo polo abverbio sempre. Dende a lo menos o ano 2004, un grupo de profesores levamos traballando na procura da consolidación da Biblioteca como centro de xeración de sinerxias culturais e educativas do Instituto. 
   Sirva esta rememoración para sinalar que aínda estamos no centro algúns dos primeiros que adiantamos o paso (Xosé Luis Tato Bonome, Óscar García, Elvira Castro, Carmen Casillas e tantos outros); pero tamén temos que destacar, entre os de outros, o pulo e interés de Sonsoles González, Concha Delgado ou Concha Castro, profesoras que agora, lamentablemente, non traballan con nós diariamente. 
   Dunha daquelas actuacións conservamos o exemplar da novela que referenciamos hoxe. Que como chegou aos andeis da Biblioteca? 
   Trasladouse à Comunidade Escolar a participación nun Intercambio de Libros. Cada quen deixaba nunha caixa o exemplar que xa tiña lido e, en correspondencia, collía outro. A novela ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas?, naquel momento estaba descatalogada. Así sumouse aos nosos fondos. 
   Despois viñeron máis intervencións: o empeño de crear unha sección de Comicteca, capitaneado por Uxía López Meirama, a configuración do Blogue Alto Risco deseñado íntegramente por Xosé Luis Mosquera Camba e María Luisa Muiño, a feliz proposta de Hora de Lectura do Dinamizador Julián Ferrer... 
   Haberá tempo para outras historias. Bastará con retirar un exemplar da estantería, e zas...!!!!
   Será polas ganas de mollar, a media mañá, unha madalena no te da lembranza!
   En calquera caso, unha boa mostra de que somos humanos ou ben Nexus 6 de última xeración: temos recordos, temos sentimentos...

1 comentario: