sábado, 15 de febreiro de 2014

BALANCE DE DANOS: 14 DE FEBREIRO, SAN VALENTÍN

Levan razón todos os profesores de Bacharelato que se queixaron por non poder impartir clase nos minutos coincidintes co recreo dos alumnos da ESO. As nosas disculpas...

O asunto foi tal que así: o alumnado, contra o esperado, aceptou masivamento o reto de encher cunhas verbas de amor os corazóns vermellos que recortaran os atarefados profesores do Grupo de Dinamización da Biblioteca. Eses corazóns con versos de poetas recoñecidos ou poetas que mesmo aínda non acadaron a ESO ou o Bacharelato, invadiron os corredores do noso centro dende o 10 de febreiro. 


O venres día 14 tocaba recoller na Biblioteca as cartas ou notas de afecto, respeto ou mesmo amor, que deixaran para moitos algúns... Moita presa e ansiedade por recoller o caramelo de pao que acompañaba a carta que atribuladas carteiras tentaban atopar en caixas ateigadas do amor, limpo e san amor, que estoupou ante nós.






Ningún comentario:

Publicar un comentario