Amosando publicacións coa etiqueta CONCURSO CALENDARIO 2020. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONCURSO CALENDARIO 2020. Amosar todas as publicacións

luns, 16 de decembro de 2019

CALENDARIO AGUIAR 2020





CALENDARIO AGUIAR 2020.

Xa está á venda o Calendario 2020 ao prezo de 5 euros.
O primeiro punto de venda é a secretaría do IES Francisco Aguiar.
Próximamente poderá ser mercado nos comercios de ACEBE.
Esperamos poder esgotar pronto esta primeira edición, porque, todos os fondos que resulten da venda deste Calendario serán entregados, a través da Iniciativa Noel a CRIS: Cancer Research Innovation Spain.


sábado, 7 de decembro de 2019

CALENDARIO AGUIAR 2020

Xa está na imprenta o Calendario Aguiar 2020.
Cando comezou o curso 2019-2020 o Equipo da Biblioteca desexou engadir ás súas boas prácticas a elaboración dun calendario composto por ilustracións (con textos alusivos) do seu felizmente creativo alumnado.
En outubro apareceron publicadas as bases do concurso neste blog e na web.  
O Equipo da Biblioteca, os profesores de linguas, e, en particular, os de Educación Plástica e Visual (Marta Penalonga e Xosé Manuel Rey Bao), fomentaron  a participación dos alumnos. A selección dos traballos elexidos foi, como ven sendo de cotío, dificultosa, pois para algún dos meses do ano poderíamos ter premiados varios dos debuxos.
Unha vez composto o traballo tocaba buscar un patrocinador para costear os gastos da impresión.
Corresponde agradecerlle ao alumnado o seu entusiasmo e creatividade; a todos os profesores do Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, aos de Educación Plástica e Visual (Marta Penalonga e Xosé Manuel Rey Bao), o xeneroso estímulo e a súa profesionalidade; a ACEBE, a inmediata disposición a participar na distribución do calendario na súa rede de comercios; a Carmen Miragaya, o excepcional traballo de maquetación —nun tempo récord—. 
A entidade que sufraga silenciosamente a impresión merece todo o noso ruidoso agradecemento.
Todos os fondos que resulten da venda deste Calendario serán entregados, a través da Iniciativa Noel [neste momento a 18.500 dos 330.000 euros necesarios] a CRIS: Cancer Research Innovation Spain.
 
Entre os nosos motivos de satisfacción, todos nosos alumnos, e, entre eles: Pablo Gilsanz, Lía Janeiro, Noel Balsa, Inés Fraga e Judith Otero [primeira fila], Matilda Silva, María Lata, Inés López, Claudia Pérez, Sara Sánchez e Andrea Segade [primeira fila].
 Sara Sánchez Negoitia

Nuria Beiro Doldán

venres, 4 de outubro de 2019

CONCURSO «CALENDARIO 2020»

A Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza un concurso artístico-literario.

Todos os alumnos que desexen participar farán unha ilustración relativa a un dos doce meses do ano. A ilustración levará un pé de imaxe cun pequeno texto referido ao mes elexido, seguindo o modelo que se pode visualizar clicando esta ligazón.

Os traballos orixinais serán entregados na biblioteca antes do 30 do presente mes.

Os doce mellores traballos elexidos servirán para compoñer un Calendario Aguiar para o próximo ano 2020.