Amosando publicacións coa etiqueta AMAIA TOMÉ TOMÉ. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta AMAIA TOMÉ TOMÉ. Amosar todas as publicacións

luns, 5 de maio de 2025

HORA DE LER

Entre as suxestións de lectura desta primeira semana de maio, o relato de Stig Dagerman, Érase una vez en mayo, unha selección de gregerías de colleita propia e o relato de Amaia Tomé, Clare e outras illas.

luns, 29 de maio de 2023

HORA DE LER

Somos o que lemos... 

Lemos o que escribimos... 


Entre as suxestións desta semana os relatos de Amaia Tomé, Irene Docampo, Andrea Solís, unha antoloxía de microficcións en inglés (na que participaron, con éxito, coa supervisión de Laura Rodríguez Manso, alumnos de 3º ESO) e uns poemas de Sara Parga. 

Aguiar ao cuadrado...

luns, 16 de novembro de 2020

HORA DE LER


HORA DE LER

6ª Semana [6ª sesión]

Paisaxe outonal.  Unha folla de pradairo para lembrar onde temos que recomezar a lectura de obras como as de as obras de Paula Sánchez Regueiro, Violeta Silva Sánchez, Amaia Tomé ToméRaquel Vázquez ou Óscar García Ramos.

Que mellor proposta de lectura que as obras literarias que os nosos lectores saben escribir....  

luns, 13 de maio de 2019

luns, 4 de xuño de 2018

HORA DE LER

HORA DE LER 

33ª SEMANA [3ª SESIÓN]

As suxestións de lectura desta semana quedan xeraquizadas por orde alfabético: Sara Parga Pérez, Giuseppe Scaraffia e Amaia Tomé
Algo máis que un pracer literario voltar a ler ás nosas exalumnas escritoras!!!!

Ilustración: Maria Hesse

martes, 3 de abril de 2018

HORA DE LER

HORA DE LER 

24ª SEMANA [6ª SESIÓN]


Ter entre mans El lago de los cisnes, o relato de Gisele Méndez ou Clare ou outras illas, de Amaia Tomé.  
Ler textos das nosas alumnas. Autosuficiencia creativa.
Quen le a quen?


Ilustración: Nelleke Verhoeff

luns, 27 de marzo de 2017

HORA DE LER

HORA DE LER


22ª SEMANA [4ª SESIÓN]


Ler é un acto reversible: en calquera momento o lector pode atopar, entre as liñas do seu libro favorito, ese oco que leva ao outro lado do espello e, mesmo, comezar a escribir tan ben como o teñen feito os nosos premiados alumnos Alberto Gómez Perales, Julia Nieto Mantiñán, Violeta Sánchez Silva e Amaia Tomé.



Fotografía: Arume

A ensimismada Alicia: Lola Mosquera Sánchez

Traballo fotográfico encargado por Acebe

Libraría Biblos 










xoves, 3 de decembro de 2015

LIMPEZA DE SANGUE: CLUB DE LECTURA 1º DE BACHARELATO RUBÉN RUIBAL


O SANGUE FAI RUÍDO

   O pasado xoves 19 un  grupo de alumnos de Bacharelato e os seus profesores de Lingua  xuntáronse  nos sillóns da biblioteca do Centro  co gallo de celebrar a primeria reunión do club de lectura do presente curso. Neste amistoso encontro déusenos a oportunidade de dialogar sobre a obra que nos fora emprestada: Limpeza de sangue, de Rubén Ruibal; peza dramática galardoada no ano 2005 co XIV Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais.
   Os temas dos que máis conversamos durante esta xuntanza foron a amizade forxada polos personaxes principais, Fernando e Pantaleón, nunha sala de diálise dun hospital. A pesar de que os dous homes procedían de mundos completamente distintos (un deles sen recursos e adicto a substancias estimulantes, e o outro do alta sociedade corrupta) atópanse con que ambos son enfermos terminais á espera dun transplante de ril, obrigados a facerse mutua compaña.
   Co paso dos días van aflorando novos pensamentos nas súas mentes, e novas curiosidades sobre aspectos cotiáns aos que a vida nos lles dera oportunidade de prestar atención.
   Outro dos asuntos máis debatidos na biblioteca foi o pesimismo narrativo, xa que en toda a obra se nos  trasmite un sentimento negativo e escuro da sociedade na que vivimos hoxe en día. Ademais, a través da figura de Fernando, o autor consegue crear acertadamente unha necesidade de compaixón e empatía que ningún dos outros personaxes acada en toda a trama.
   Co fin da reunión puidemos disfrutar dunhas deliciosas lambetadas acompañadas dunha nova proposta de lectura: A casa de Mango Street,  que estamos desexosos de comezar a ler.

Amaia Tomé


luns, 8 de xuño de 2015

HORA DE LER

HORA DE LER

33ª SEMANA [3ª SESIÓN]

   Nesta penúltima semana de Hora de ler poñémonos do máis culturalistas, pois tanto o relato de Giuseppe Scaraffia como a galardoada narración de Amaia Tomé teñen por protagonistas a cultivados homes de letras.
   Que ledicia poder xuntar aos consagrados cos emerxentes. Parabéns, Amaia!


Ilustración: Beatriz Alamagna

xoves, 30 de abril de 2015

RESOLUCIÓN DO I CONCURSO DE ESOPÍAS BIBLIOTECA SEBASTIÁN BUEDO JIMÉNEZ


RESOLUCIÓN DO 
I CONCURSO DE ESOPÍAS BIBLIOTECA SEBASTIÁN BUEDO JIMÉNEZ


   Agradecemos a implicación do alumnado do noso IES que participou masivamente neste I Concurso de Esopías Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez. A tarefa non era sinxela, e aínda así houbo arredor de noventa esopías, das que resultou moi difícil escoller gañadores, pois o nivel foi significativamente alto, como poderán comprobar os lectores nas nosas próximas publicacións.

   Parabéns os gañadores...


Categoría 1º e 2º ESO

Non é a mor, é perda. Inocentes as bágoas frías que andan correndo, unitarias. Perdida, esquecida, con po, con ilusións dunas amores do pasado maio.

Thais Vázquez López

Categoría 3º e 4º ESO

REM Y GUNS & ROSES SCORPIONS el hombre tiene ELO STING refugios MOTÖRHEAD lejanos AEROSMITH HIM de las miserias: KURT SLAYER U2 música, amor.

Amaia Tomé Tomé


Categoría 1º e 2º BAC


Amo e temo a vista anxelical da melena rubia que moves bailando vivamente asemade feríndome por un non decidido amor oculto na mirada miña

Antonio González López


Ilustración:Tan Jau Hoong

martes, 7 de abril de 2015

HORA DE LER

HORA DE LER

24ª SEMANA [6ª SESIÓN]

   Despois deste periodo vacacional, volvemos ás rutinas. Por iso, retomamos Hora de ler con dúas propostas que nos fan felices. Xunto ao relato do reputado escritor boliviano Rodrigo Hasbún (sinalado como unha das voces emerxentes do panorama hispanoamericano) queda o conto co que Amaia Tomé, alumna do noso IES, ven de gañar o I Premio Cóntame un conto da Fundación Meniños.


Ilustración: Quint Buchholz

xoves, 8 de xaneiro de 2015

HORA DE LER


12ª SEMANA [6ª SESIÓN]


Esperemos que esta obra de Fernando Vicente sexa ilustrativa do clima que impere nos lectores do noso Instituto tras estas datas de agasallos intelixentes. É moi probable que eses libros conteñan a mesma calidade literaria que advertimos nos relatos premiados de Amaia Tomé e Xiomara Barja.

luns, 2 de xuño de 2014

HORA DE LER


30ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Con xuño chega o principio do fin do curso.

Nós seguimos a ler, aínda que empregamos outro tipo de proteccións. A sorte de ter deixado atrás os anos 50 do pasado século!

Aí quedan un relato da nosa premiada alumna Amaia Tomé Tomé e unha antoloxía de microrrelatos que agradará a moitos lectores.