Amosando publicacións coa etiqueta TAMARA ANDRÉS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta TAMARA ANDRÉS. Amosar todas as publicacións

xoves, 12 de abril de 2018

CORPO DE ANTIOCHIA, Tamara Andrés


TAMARA ANDRÉS, Corpo de Antiochia, Galaxia, Vigo, 2017, 84 páxinas.


 [PG AND cor]

Non hai beleza nas pegadas 
dos que abrigan a marchar, 
nin naqueles recantos onde 
agachamos a carne 
que nos arrincaron 
nin nos tempos 
que son roubados. 

Os éxodos son a fame 
da memoria. Cando suceden 
levamos con nós todos os nenos 
para que sexan eles quen abran 
o camiño. 

Nós calamos 
mentres comezamos 
a non lembrar.

luns, 9 de abril de 2018

HORA DE LER

HORA DE LER 

25ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Tal vez a rapaza que pintara Winslow Homer está a ler o relato de Inés Pedreira Barbeito ou os poemas de Tamara Andrés. Porque hai anos nos que, durante o mes de abril, a chuvia mesmo concede a xente poder sentarse a sombra das árbores a ler.