TAMARA
ANDRÉS, Corpo de Antiochia,
Galaxia, Vigo, 2017, 84 páxinas.
[PG AND cor]
Non hai beleza nas pegadas
dos que abrigan a marchar,
nin naqueles recantos onde
agachamos a carne
que nos arrincaron
nin nos tempos
que son roubados.
Os éxodos son a fame
da memoria. Cando suceden
levamos con nós todos os nenos
para que sexan eles quen abran
o camiño.
Nós calamos
mentres comezamos
a non lembrar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario