Hipatia de Alexandría é unha das primeiras científicas de quen se ten referencia. Foi unha mestra de prestixio da escola neoplatónica e realizou importantes contribucións á ciencia nos campos das matemáticas e a astronomía. Viviu no século IV d. C., nun momento histórico no que o debate científico acerca da posición da Terra no Universo era un interesante tema de discusión e confrontación. O seu pai foi o filósofo e matemático Teón de Alexandría. Recibiu así Hipatia unha educación científica moi completa que lle permitiu cultivar varias disciplinas: filosofía, matemáticas, astronomía, música, e durante vinte anos adicouse a ensinar todos estes coñecementos. Deste xeito, Hipatia converteuse nunha das mellores científicas e filósofas da época. Chegou a simbolizar o coñecemento e a ciencia que os primeiros cristiáns identificaron co paganismo.
En astronomía, o seu pai Teón analizou en profundidade a obra de Ptolomeo. O estudo recóllese nos trece libros de Comentarios do Almagesto nos cales se supón que colaborou a súa filla. Hipatia tamén levou a cabo unha análise e unha revisión matemática dos movementos dos astros descritos por Ptolomeo nas Táboas Astronómicas, coñecidas pola súa inclusión no Canon Astronómico de Hesiquio. Tamén cartografiou diversos corpos celestes, confeccionando un planisferio. Suponse que Hipatia mantivo ao longo da súa vida a tese heliocentrista e as observacións realizadas nos Comentarios de Teón (libro III) cuestionarían a teoría xeocéntrica de Ptolomeo.
Segundo as cartas de Sinesio de Cirena (discípulo de Hipatia e a través de quen se coñece a maior parte da información sobre ela), as súas clases eran diálogos nos que ela discutía cos alumnos sobre filosofía, matemáticas, astronomía, ética e relixión. Isto proporcionoulle gran fama. A súa influencia e popularidade entre os altos cargos da política imperial e municipal, representaba unha ameaza para os líderes do cristianismo emerxente. O conflito entre o poder civil e o eclesiástico en Alexandría desembocou nun clima de violencia xeral. Hipatia foi vítima do ataque duns fanáticos cristiáns que a asasinaron.
Esta época coincide coa fin dunha era de florecemento do coñecemento, que se substituíu por unha era escura que se extendeu ao redor de 1000 anos. A figura de Hipatia sérvenos para realizar un percorrido polas ideas que os antigos astrónomos tiñan sobre o Universo.

O xeocentrismo
As teorías cosmolóxicas máis importantes da antigüidade podemos situalas no século VI a.C. Pitágoras, foi o primeiro en utilizar a palabra Cosmos, é dicir, o concepto de Universo ordenado e harmonioso. Explicaba que a Terra era esférica e estaba en movemento ao redor dun lume central non visible. Defendían a primacía das matemáticas por encima das observacións e os dogmas, e veneraba o carácter sacro do número dez. Isto supoñía que un cosmos perfecto requiría 10 corpos en órbita ao redor do lume central.
Con todo, o que o home antigo era capaz de concluír ao observar os ceos, era que o Sol, a Lúa e as estrelas parecía que se atopasen nunha superficie esférica que rotaba de maneira uniforme e constante, nun movemento circular ao redor da Terra ao longo do ano, o que daba lugar á translación entre as distintas constelacións zodiacais. Notaron que cinco desas estrelas se movían de forma estraña xa que non conservaban as súas posicións nas constelacións, do mesmo xeito que a Lúa e o Sol, que tampouco o facían. Non seguían a mesma traxectoria que o resto dos corpos celestes da esfera, polo que chamaron a estes astros planetas, cuxa orixe etimolóxica quere dicir “errante”.
Xa no século IV a. C. o filósofo Platón pensaba que, a Terra era unha esfera que descansaba no centro do Universo mentres as estrelas e planetas viraban ao redor da Terra en círculos celestiais. Os movementos son circulares porque os seres do ceo son case divinos e os seus movementos serán perfectos. O círculo era a traxectoria perfecta.
Aristóteles (384-322 a. C.), considerado como un dos maiores pensadores da antigüidade e un dos máis influíntes, cría na existencia dun Universo finito, no cal non había baleiro e que estaba formado por unha serie de esferas que rotaban en base a un mesmo centro. Explicaba que os planetas viraban ao redor da terra por medio de esferas construídas por unha substancia purísima e transparente: o éter, ao que consideraba o quinto elemento xunto aos outros catro que conformaban a teoría de Empédocles: auga, aire, terra e lume. Era máis sutil e máis lixeiro e, ademais, o máis perfecto dos catro. O seu movemento natural era circular. Así, os obxectos celestes movíanse mediante unha forza divina eterna e perfecta a cal transmitía o movemento de esfera en esfera.
Con todo, este modelo xeocéntrico tiña un problema importante. Algúns planetas realizaban un movemento estraño consistente en retrodecer e logo avanzar dando lugar a unha traxectoria en forma de bucle sobre o fondo das constelacións, ao mesmo tempo que cambiaba o seu brillo. Denomínase movemento retrógado e non encaixaba coa descrición simple do Cosmos de Aristóteles.
O modelo xeocéntrico de Ptolomeo
No século II d. C., Claudio Ptolomeo expuxo un modelo do xeocéntrico do Universo máis completo que o de Aristóteles na súa obra principal O Almagesto. O seu traballo consistiu en estudar a gran cantidade de datos existentes sobre o movemento dos planetas coa fin de construír un modelo xeométrico que explicase ditas posicións no pasado e fose capaz de predicir as súas posicións futuras. Ptolomeo quixo dar unha explicación xeométrica máis precisa ao modelo, de maneira que a retrogradación dos planetas puidese encaixar de forma natural. Así era posible manter a mesmas ideas aristotélicas do momento, no que a esfera era a forma máis harmónica da Natureza, e que xustificaba o movemento natural en forma circular que debían ter os planetas.
No sistema ptolemaico, cada planeta é movido por dúass ou máis esferas: unha esfera é a súa deferente que se centra na Terra, e a outra esfera é o epiciclo que se encaixa na deferente. O planeta encáixase na esfera do epiciclo. O deferente rota ao redor da Terra mentres que o epiciclo rota dentro do deferente, facendo que o planeta se achegue e se afaste da Terra en diversos puntos na súa órbita, inclusive facendo que diminúa a súa velocidade, se deteña, e se móva no sentido contrario.

O Heliocentrismo na Antigüidade
Aristarco de Samos foi un importante matemático e astrónomo da antiga Grecia. Naceu en Samos, e viviu en Alexandría ao redor dos anos 310 e 230 a. C. Propuxo unha hipótese astronómica revolucionaria para a súa época. Afirmou que o Sol, non a Terra, era o centro fixo do Universo, e que a Terra, xunto co resto dos planetas, viraba ao redor do Sol. A súa idea baseouna en que o Sol, ao ser de maior tamaño, debía ocupar o centro do Universo. Tamén estableceu que as estrelas eran soles distantes que permanecían impasibles e que o tamaño do universo era moito máis grande do que crían os seus contemporáneos. Foi autor dun dos cálculos máis certeiros con respecto á distancia da Terra ao Sol.
Con todo, o seu modelo non se tivo en conta, prevalecendo o xeocentrismo. Iso debeuse a que, a pesar das súas dificultades para sosterse cientificamente, contaba coa gran influencia da escola aristotélica así como o apoio dunha igrexa que contaba cada vez con máis poder. O xeocentrismo adecuábase ao que explicaba a Biblia. Por esta razón durante séculos a maioría de astrónomos limitáronse a tratar de perfeccionar o modelo de Ptolomeo para adecualo ás observacións.
Nicolás Copérnico. O Heliocentrismo moderno.
No século XVI, o astrónomo polaco Nicolás Copérnico formulou novamente a teoría heliocéntrica de Aristarco, sustentándoa en cálculos matemáticos aínda máis precisos. En 1543 publicouse a súa obra póstuma, De Revolutionibus Orbium Coelestium. Esta publicación marcou o comezo do que se lle chamou revolución científica e significou un cambio moi importante no ámbito da ciencia. Coa refutación do sistema xeocéntrico defendido pola astronomía grega, a civilización rompe coa idealización do saber incuestionable da antigüidade e lánzase con maior ímpeto en busca do coñecemento.
Copérnico baseouse nas ideas de Aristarco e tamén concibiu o Sol como fonte de enerxía, o que debía concederlle un papel preponderante no Universo. Dunha plumada, situar o Sol no centro de Cosmos e a Terra e os demais planetas en movemento circular ao redor deste, supuxo unha simplificación xeométrica e matemática do Sistema Solar. Fixéronse innecesarios os epiciclos e as deferentes de Ptolomeo. O movemento retrógrado dos planetas observado dende a Terra respondía, simplemente, a unha posición aparente debido á diferente velocidade de movemento dos planetas ao redor do Sol.

Nos séculos posteriores, J. Kepler, I. Newton e A. Einstein darán o impulso necesario para chegar a unha comprensión máis profunda e precisa do Universo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario