Amosando publicacións coa etiqueta ETGAR KERET. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta ETGAR KERET. Amosar todas as publicacións

luns, 15 de novembro de 2021

HORA DE LER

 


8ª SEMANA 
 
[2ª SESIÓN]
 
Precisamos dous ollos (ou máis) para ler todo o que contan, entre liñas, as propostas de lectura desta semana: unha anoloxía de relatos de Etgar Keret e o primeiro premio do Concurso de Relatos de terror,  organizado pola Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, que ven de gañar o alumno de 1º ESO, Pablo Bugallo Carro. 
Pode que a terrorífica protagonista do conto de Pablo desexe chiscarnos o ollo. Non a miredes!

mércores, 13 de outubro de 2021

HORA DE LER

3ª SEMANA

[3ª SESIÓN]

Ler, non cabe a dúbida, e unha actividade perigosa. 

Mesmo permite modificar o noso punto de vista sobre as cousas!

Os que esqueceran levar o libro poden coñecer no fermoso relato de Etgar Keret a exemplar historia de Yoavi, ou constatar no relato de Fran Alonso que torres máis altas caeron. 

luns, 1 de marzo de 2021

HORA DE LER

 


20ª SEMANA 
 
[2º SESIÓN]
 
Pode ser que nos relatos de Sechu Sende e Etgar Keret non arraiguen as prantas que asoman na imaxe pintada por Elia Mervi.
Pero o certo é que todos os nosos lectores, ante a promesa da luz e a paréntese da choiva, anhelan a chegada da primavera...

luns, 23 de xaneiro de 2017

HORA DE LER


HORA DE LER

13ª SEMANA [1ª SESIÓN]


Poemas de Manuel Rivas que pesan a vida cunha báscula de Ohio ou un estremecedor relato do último libro de contos de Etgar Keret, que esixe reflexionar sobre o acoso escolar. Estas son as suxestións que propón o Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez para comezar as mañas desta semana.

Ilustración: Carlos Seabra

luns, 20 de xuño de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER 

35ª SEMANA [5ª SESIÓN]


E despois de 35 semanas aínda seguimos a manter a nosa perplexidade ante unhas edificantes lecturas como as de Etgar Keret ou Frederic Brown.
Ilustración: Pablo Auladell 

luns, 30 de maio de 2016

HORA DE LER

HORA DE LER 

32ª SEMANA [2ª SESIÓN]

Nesta semana na que teremos nos Caneiros a última xuntaza dos Clubes de Lectura da ESO, que mellor ilustración que esta de Noemi Villamuza.
Nesa árbore non hai polas suficientes para os arredor de cento cuarenta lectores que xiraremos ata alí. Algúns teremos que conformarnos con ler sentados no chan, tal vez un conto de Etgar Keret ou ben o elato de Marina Enríquez

luns, 20 de abril de 2015

HORA DE LER

HORA DE LER

26ª SEMANA [2ª SESIÓN]

   Sería un anacronismo afirmar que a muller do cadro de Federico Zandomenegh está a ler un libro de Etgar Keret ou Virgilio Piñera, pois estes autores aínda nin naceran. O inequívoco é que son moitas as persoas que non queren ver a súa lectura interrumpida.

mércores, 15 de abril de 2015

O CONDUTOR DE AUTOBÚS QUE QUERÍA SER DEUS, Etgar Keret

ETGAR KERET, O condutor de autobús que quería ser Deus, Rinoceronte, Cangas, 2006, 130 páxinas.

[NUG KER con]

A editorial Rinocedronte ten unha magnífica colección adicada á narrativa contemporánea. Keret é un dos máis interesantes escritores israelís actuais.

luns, 13 de abril de 2015

HORA DE LER

HORA DE LER

25ª SEMANA [1ª SESIÓN]


Así, animados pola luz da primavera, aínda que sen parasol, poderíamos sentar tamén no campo a ler unha escolma de versos de Wislawa Szymborska ou ben un relato de Etgar Keret.
Ilustración: Frank Weston Benson

luns, 6 de outubro de 2014

HORA DE LER


1ª SEMANA [1ª SESIÓN]

Retomamos a actividade Hora de ler nos grupos da ESO.
Todos os días desta semana, durante os quince primeiros minutos da primeira sesión de clase, os alumnos estarán a ler os libros que xa escolleron na Biblioteca ou ben os que elixiron previamente para estes instantes de lectura pracenteira.
Os que esqueceran levar o libro poden coñecer no fermoso relato de Etgar Keret a exemplar historia de Yoavi, ou constatar no relato de Fran Alonso que torres máis altas caeron.

E nós, aínda permanecemos aquí, disfrutando do risco.