Amosando publicacións coa etiqueta DARÍO XOHÁN CABANA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta DARÍO XOHÁN CABANA. Amosar todas as publicacións

mércores, 17 de novembro de 2021

FINOU DARÍO XOHÁN CABANA

       


    Hoxe o día transcorre co peso  dunha malísima noticia. A pasada noite finou "un grande" deixando   un enorme baleiro na cultura de Galicia. 
    Faleceu Darío Xohán Cabana , un dos nosos principais escritores ademais de magnífico tradutor da poesía italiana e occitana medieval. Membro da Real Academia Galega desde 2006,  deixa unha sólida obra literaria como narrador e poeta , obxecto de numerosos premios e  recoñecementos.  Do mesmo xeito, as  súas traducións ao galego da Divina Comedia de Dante  e o Cancioneiro de Petrarca, foron  loadas e  premiadas pola súa alta calidade .

    Nas aulas de Lingua galega , seguiremos  aprendendo a historia do idioma co seu romance da lingua, que despois de tantos anos , non nos cansamos de recitar e cantar co alumnado:

Arriba pobo galego,

arriba lingua galega,

que se morre a nosa fala

non hai pobo nin hai terra!

Que a terra lle sexa leve!