Hoxe o día transcorre co peso dunha malísima noticia. A pasada noite finou "un grande" deixando un enorme baleiro na cultura de Galicia.
Faleceu Darío
Xohán Cabana , un dos nosos principais escritores ademais de magnífico tradutor
da poesía italiana e occitana medieval. Membro da Real Academia Galega desde
2006, deixa unha sólida obra literaria como
narrador e poeta , obxecto de numerosos premios e recoñecementos. Do mesmo xeito, as súas traducións ao galego da Divina Comedia de
Dante e o Cancioneiro de Petrarca, foron
loadas e premiadas pola súa alta calidade .
Nas aulas de Lingua galega , seguiremos aprendendo a historia do idioma co seu romance da lingua, que despois de tantos anos , non nos cansamos de recitar e cantar co alumnado:
Arriba pobo galego,
arriba lingua galega,
que se morre a nosa fala
non hai pobo nin hai terra!
Que a terra lle sexa leve!
Ningún comentario:
Publicar un comentario