Amosando publicacións coa etiqueta MAGGIE O'FARRELL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta MAGGIE O'FARRELL. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de setembro de 2023

HORA DE LER

No cumio da rolda de actividades posibles que imaxinou Cinta Vidal, quedou a hora de ler.

Entre as suxestións de lectura, os relatos de Maggie O'Farrell e Medos Romero.

luns, 27 de setembro de 2021

HORA DE LER

1ª SEMANA

[1ª SESIÓN]
 
Poderán os grans de area, agochados aínda nos libros, recordarnos as tardes nas praias do verán.
Agora xa o outono abre os ollos ás lecturas no pupitre das aulas. 
Nesta semana: a historia dunha moi viaxeira e unha selección de microrrelatos de Ana María Matute (traducidos ao galego) do seu libro seminal, Los niños tontos.

xoves, 21 de xaneiro de 2016

CLUBES DE LECTURA 2015/ 2016





CLUBES DE LECTURA 2015 / 2016



"Non hai dúas persoas que lean o mesmo libro", deixou dito Edmund Wilson. Pois neas andamos: a comprobalo. Este ano xuntámonos a compartir visións sobre estas lecturas.



  • PRIMEIRO DA ESO. [40 alumnos / 4 grupos]
    OSCAR WILDE, El fantasma de Canterville, Vicens Vices.
    ENRIQUE PÁEZ, Abdel, SM.
    ANXO FARIÑA, Os megatoxos e a espada esmeralda, A Nosa Terra.
    XESÚS FRAGA, Reo, Galaxia.



  • SEGUNDO DA ESO.  [20 / 2 grupos]
     JOÁN MANUEL GISBERT, El misterio de la isla Tökland, Planeta.
     JACK LONDON, A chamada da selva, Xerais.
        

  • TERCEIRO DA ESO. [72 alumnos / 6 grupos]
     JOHN GREEN, Bajo la misma estrella, Nube de tinta.
     ALFREDO GÓMEZ CERDÁ, El rostro de la sombra, SM.
     CARE SANTOS, Mentira, Edebé.
     MARK HADDON, O curioso incidente do can á media noite, Rinoceronte.
     BEATE TERESA HANIKA, Las lágrimas de Caperucita, Takatuka.
 


  • CUARTO DA ESO.   [30 alumnos / 3 grupos]
     KRESSMAN TAYLOR, Enderezo descoñecido, Xerais.
  
   CARLOS G. REIGOSA, Pepa a loba, Punto de Lectura.
     ROSA ANEIROS, Ás de bolboreta, Xerais.
 

  • PRIMEIRO DE BACHARELATO.   [72 alumnos / 4 grupos]
     SANDRA CISNEROS, A casa en Mango Street, Rinoceronte.
     MAGGIE O'FARRELL, A desaparición de Esme Lennox, Galaxia.
     NANCY HOUSTON, Marcas de nacemento, Rinoceronte.    
    RUBÉN RUIBAL, Limpeza de sangue, Xerais, Vigo, 2007.      
  • SEGUNDO DE BACHARELATO.   [70 alumnos / 3 grupos]
  • CLUB DE LECTURA PRESENCIAL NOVOS LECTORES [8 alumnos / 1 grupo]
     Lecturas presenciais de:

  1. curtametraxes, 
  2. pintadas, 
  3. poesía visual, 
  4. poesía escrita,  
  5. microrrelatos, 
  6. haikus, 
  7. greguerías, 
  8. aforismos...
  • CLUBE ADULTOS AGUIAR.   [30 lectores / 1 grupo]
     DAVID GROSSMAN, Delirio, Lumen.
     HARUKI MURAKAMI, Tokio blues, Tusquets.
     CELSO CASTRO, Entre culebras y extraños, Destino.

Ilustración: Quint Buchholz

martes, 17 de novembro de 2015

A DESAPARICIÓN DE ESME LENNOX: CLUB DE LECTURA 1º DE BACHARELATO

Comezan as reunións dos clubs de lectura de primeiro de bacharelato. 
Onte luns, tivo lugar a xuntanza que reuniu aos lectores da novela de Maggie O'Farrell. Sorrisos, galletas de chocolate, e indagacións pertinentes sobre a natureza perversa dunha sociedade que consideraba obediencia sinónimo de boa educación.









mércores, 21 de outubro de 2015

CLUB DE LECTURA DE PRIMEIRO DE BACHARELATO 2015 / 2016

Na fotografía están case todos, porque algún aínda se anotou despois ao Club de Lectura de Primeiro de Bacharelato.

Este ano son setenta e tres, polo tanto, conseguir libros para todos estes lectores obriga a recorrer ao inxenio. Os rapaces están organizados por parellas para que xoguen á carreira de relevos: o receptor do libro ten que ler con certa celeridade para pasar o relevo ao compañeiro ou compañeira coa finalidade de que todos poidan chegar á xuntanza co libro lido.




MAGGIE O'FARRELL, A desaparición de Esme Lennox, Galaxia, Vigo, 2011, 244 páxinas.

[Luns 16 de novembro, 11:15 / 11:45]




SANDRA CISNEROS, A casa en Mango Street, Rinoceronte, Cangas, 2008, 104 páxinas. 


[Mércores 18 de novembro, 11:15 / 11:45]





RUBÉN RUIBAL, Limpeza de sabgue, Xerais, Vigo, 2007, 176 páxinas. 

[Xoves 19 de novembro, 11:15 / 11:45]



NANCY HOUSTON, Marcas de nacemento, Rinoceronte, Cangas, 2012, 294 páxinas.

 [Luns 23 de novembro, 11:15 / 11:45]

venres, 12 de decembro de 2014

A DESAPARICIÓN DE ESME LENNOX, Marggie O'Farrell

MAGGIE O'FARRELL, A desaparición de Esme Lennox, Galaxia, Vigo, 2011, 244 páxinas.

[NUG OFA des]
Querer ser feliz, tomar decisións propias, pode ter graves consecuencias na Escocia dos anos trinta do śeculo pasado, uns tempos escuros onde médicos, pais e maridos desfacíanse de mulleres que non cumprían as ordes dadas. A rebelión tiña castigo: chamábase histeria, loucura, confinamento nun psiquiátrico.

mércores, 5 de novembro de 2014

ENTREGA DOS LIBROS AOS 42 ALUMNOS DO CLUBE DE LECTURA DE 1º DE BACHARELATO


Non hai dúbidas: estas fotos están dispostas en orden inverso. 
Para posar cos libros na man os cuarenta e dous alumnos do Clube de Lectura de Primeiro de Bacharelato, antes hai que chamar por orde de lista a cada un dos inscritos, ver a quen lle corresponde ler a Sandra Cisneros, a quen lle toca levar A desaparición de Esme Lennox, quen se queda coas Palabras envelenadas.


Non é que no noso IES o mundo ande ao revés.


Os nosos alumnos elixen participar no Clube de Lectura.


Os nosos lectores elixen ler en galego.



PRIMEIRO DE BACHARELATO.   [42 alumnos / 3 grupos]

   SANDRA CISNEROS, A casa en Mango Street, Rinoceronte.
     MAGGIE O'FARRELL, A desaparición de Esme Lennox, Galaxia.
     MAITE CARRANZA, Palabras envelenadas, Rodeira.