Amosando publicacións coa etiqueta THEODOR KALLIFATIDES. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta THEODOR KALLIFATIDES. Amosar todas as publicacións

venres, 21 de outubro de 2022

THEDOR KALLIFATIDES: ENTREVISTA #SOS CLÁSICAS


⚠️THEODOR KALLIFATIDES⚠️ 

Neste #venresclásico temos un protagonista de excepción, o escritor de orixe grega Theodor Kallifatides. 🔴 O vídeo que vos presentamos hoxe foi gravado en maio, máis en concreto, na súa visita a Betanzos. Dende aquí queremos agradecer a imprescindible colaboración do @iesfcoaguiar e, como non, as palabras dun autor que formará parte da literatura e que medrou entre os mitos e as lendas gregas! #theodorkallifatides #literaturagriega #escritoresgriegos #escritoressuecos #griego #latín #greciayroma #culturaclásica #mitología

Reproducimos a entrada compartida por SOS Clásicas nas RRSS.


Que día tan fermoso! Grazas a Theodor Kallifatides, por ser e por estar; á Biblioteca Ies Francisco Aguiar por deixarnos esta parcela de "protagonismo" a Sos Clásicas .
Grazas á Margarita Olivar Roldán pola tradución desta entrevista e á nosa Κασσάνδρα Καρβαλλειρα polo paciente e laborioso traballo de edición.
 
Susana Losada Soto

 

luns, 9 de maio de 2022

HORA DE LER

 

A seriedade e concentración na lectura que amosa a neñina fotografiada por Antoni Arissa é a que precisa o lector das suxestións de lectura desta semana: Theodor Kallifatides e Manuel Rivas, dous autores que coinciden na honestidade creativa, a preocupación social e unha mirada ética sobre as dores que atenazan aos desfavorecidos.

xoves, 5 de maio de 2022

THEODOR KALLIFATIDES NO IES F. AGUIAR

 

         A súa mensaxe cercana,  cargada de humanidade e sabedoría , engailou a todos os que  tivemos o privilexio de escoitar hoxe a Theodor Kallifatides. O escritor mantivo un encontro co alumnado das materias de  Literatura Universal e Grego na nosa Biblioteca, na que tivemos a honra de recibilo.





Theodor Kallifatides é autor de  máis de corenta libros de ficción, ensaio e poesía traducidos a varios idiomas. Naceu en Grecia en 1938, e emigrou a Suecia o 1964, onde empezou a súa carreira literaria. Traduciu do sueco ao grego a grandes autores como  Ingmar  Bergman e  August  Strindberg, así como do grego ao sueco a  Giannis  Ritsos ou  Mikis  Theodorakis. Recibiu moitos premios polo seu traballo tanto en Grecia como en Suecia, país no que reside actualmente, por exemplo o Premio Nacional grego de Literatura Testemuñal polo Lo pasado no es un sueño, en 2013.

Galaxia Gutenberg publicou en 2019 a súa obra Otra vida por vivir, que mereceu o Premio Cálamo «Extraordinario 2019». En 2020, publicáronse as obras El asedio de Troya e Madres e hijos, en 2021 a obra Lo pasado no es un sueño e en marzo deste 2022 a novela Timandra.


luns, 2 de maio de 2022

HORA DE LER

 


29ª Semana

[5ª sesión]

A realidade. 

Non hai outra materia da que se alimente a arte. Todas as historias das que fala a literatura están basadas en feitos reais. Agora ben, tanto os camiños da memoria como os da ficción (tamén a autoficción) están cheos de espellos.

Diso son mostra as suxestións de lectura desta semana: un relato de  Sandra Cisneros ou un fragmento dunha narración de Theodor Kallifatides.

venres, 29 de abril de 2022

ENCONTRO CON THEODOR KALLIFATIDES: XOVES 5 DE MAIO [19 horas]

 

   

   O próximo xoves 5 de maio ás 19 horas, na Aula de Cultura do Concello de Betanzos, teremos a sorte de compartir conversa con Theodor Kallifatides. 

   
   A reunión está aberta, ata contemplar aforo, a todas as persoas interesadas na literatura e na defensa dos estudos clásicos. 
   
   Organizan: IES Francisco Aguiar, SEEC Galicia e S.O.S. Clásicas.
   
   Colaboran: Fundación Luis Seoane, Concello de Betanzos, Galaxia Gutenberg e Libraría Biblos.