xoves, 5 de maio de 2022

THEODOR KALLIFATIDES NO IES F. AGUIAR

 

         A súa mensaxe cercana,  cargada de humanidade e sabedoría , engailou a todos os que  tivemos o privilexio de escoitar hoxe a Theodor Kallifatides. O escritor mantivo un encontro co alumnado das materias de  Literatura Universal e Grego na nosa Biblioteca, na que tivemos a honra de recibilo.





Theodor Kallifatides é autor de  máis de corenta libros de ficción, ensaio e poesía traducidos a varios idiomas. Naceu en Grecia en 1938, e emigrou a Suecia o 1964, onde empezou a súa carreira literaria. Traduciu do sueco ao grego a grandes autores como  Ingmar  Bergman e  August  Strindberg, así como do grego ao sueco a  Giannis  Ritsos ou  Mikis  Theodorakis. Recibiu moitos premios polo seu traballo tanto en Grecia como en Suecia, país no que reside actualmente, por exemplo o Premio Nacional grego de Literatura Testemuñal polo Lo pasado no es un sueño, en 2013.

Galaxia Gutenberg publicou en 2019 a súa obra Otra vida por vivir, que mereceu o Premio Cálamo «Extraordinario 2019». En 2020, publicáronse as obras El asedio de Troya e Madres e hijos, en 2021 a obra Lo pasado no es un sueño e en marzo deste 2022 a novela Timandra.


Ningún comentario:

Publicar un comentario