Amosando publicacións coa etiqueta CONMEMORACIÓNS. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CONMEMORACIÓNS. Amosar todas as publicacións

martes, 22 de febreiro de 2022

mércores, 5 de xaneiro de 2022

NOITE DE REIS


      
As cantigas de de Reis son parte dunha antiga tradición no rural de Galicia. A noite do 5 de xaneiro,  a rapazada ía  polas casas "cantando os reises" sabendo que recibirían a cambio castañas , algún doce ou calquera outro produto da cociña.

Os tres reises magos
van para Belén,
quitaron os zocos
para correr ben.

Escoiten señores
o aguinaldo novo
que naceu o neno
metido nun ovo.

Escoiten señores
o aguinaldo vello
que naceu o neno
metido nun cesto.

Déano-lo aguinaldo
anque sexa pouco,
un bo bacallao
e a metade doutro.

De postre castañas
boas e ben grandes,
un molete enteiro
e un queixo de flandes

 

 

 

Xa chegan os Reies Magos / xa chegan en romaría

i en Xerusalén preguntan / onde naceu o Mesías.

Os xudeus lles contestan / que está en Belén de Xudea

e ata alí se encamiñan / guiados por unha estrela.

 


mércores, 3 de novembro de 2021

3 NOVEMBRO . DÍA DE NEIRA VILAS. DÍA DO LECTOR E DA LECTORA

Hoxe celébrase o primeiro Día do Lector e da Lectora, unha data elixida en memoria de Xosé Neira Vilas (1928-2015), nado un 3 de novembro en Gres (Vila de Cruces). O académico é autor dunha das obras máis lidas das letras galegas , 'Memorias dun neno labrego', editada por primeira vez na Arxentina (1961).